Unha empresa tenta facer negocio fraudulento a conta de Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía denuncia que unha empresa a está suplantando para vender "a elevado custo" un libro sobre a poetisa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A Fundación Rosalía de Castro, xestora da súa Casa-Museo, vén de lanzar unha advertencia pública contra o que, denuncian, podería tratarse dun caso de suplantación de identidade. Segundo sinalan nun comunicado desenvolto a través das redes sociais da entidade, unha empresa "está a utilizar o nome" da fundación para vender a "elevado custo" un libro sobre a poeta galega. Segundo recollen as mesmas fontes, o obxectivo da venda serían concellos galegos.

Casa-museo de Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa da Matanza, hoxe Casa-Museo de Rosalía de Castro
Casa-museo de Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa da Matanza, hoxe Casa-Museo de Rosalía de Castro | Fonte: Rosalía.gal

Dende a plataforma aproveitaron o comunicado para deixar claro que non teñen "nada que ver" con estas prácticas "fraudulentas". De xeito paralelo, destacan que se reservan a "posibilidade de emprender accións legais" e demandan información no caso de que alguén teña coñecemento directo da empresa referenciada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xosé Marcelo

En galego é custo, non "custe". Que se escriba mal a nosa lingua dende unha fundación tan emblemática prodúceme rabia, pena e tristeza. Pola miña tenda viñeron (haberá preto de tres meses) dous tipos a ofrecerme un libro que pesaba uns catro quilos con diferente material de Rosalía, segundo eles reproducións dos orixinais, e custaba uns 2.650€. Espero que non sexan estes dos que fala a noticia...