Asinado na Coruña o convenio para a promoción turística e apoiar a hospedaxe na cidade

Segundo o Concello da Coruña, o obxectivo é "financiar actividades que axuden ao sector a facer fronte ás perdas sufridas no actual contexto da pandemia".

Por E.P. | A CORUÑA | 23/12/2020 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e a AsociaciónEmpresarial de Hospedaxe da Coruña (Hospeco) asinaron un convenio de colaboración para apoiar ás hospedaxes locais e a promoción turística da cidade.

Á firma do convenio, por importe de 150.000 euros, asistiron o concelleiro da Coruña de Turismo e presidente do Consorcio de Turismo, Juan Ignacio Borrego; a xerente, Lanzada Calatayud e o presidente que agrupa á asociación empresarial de hospedaxe (Hospeco), Richard Huerta.

Tras a firma, Borrego explicou que o obxectivo é "financiar actividades que axuden o sector a facer fronte ás perdas sufridas no actual contexto da pandemia" e chegar coas actividades previstas ás persoas que visiten a cidade por lecer ou negocio.

O concelleiro da Coruña de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o presidente de Hospeco, Richard Huerta, asinan un convenio de colaboración para a promoción turística. ANDY PEREZ
O concelleiro da Coruña de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e o presidente de Hospeco, Richard Huerta, asinan un convenio de colaboración para a promoción turística. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta