Confirman 11 anos de cárcere para un home por abusar dunha menor que a súa parella tiña en acollida

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos e tres meses de cárcere a un home como autor dun delito de abuso sexual e doutro de agresión sexual, ambos en grao de tentativa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena a once anos de cárcere imposto pola sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra a un home, veciño de Mondariz, por abusar sexualmente dunha menor que a súa parella tiña en acollida.

A condena contra este home, de 59 anos de idade, foi emitida o pasado mes de xullo e agora recibe a confirmación por parte do Alto Tribunal galego, que desestima o recurso presentado pola defensa ante a sentenza que impón nove anos de liberdade vixiada, así como a prohibición a aproximarse a menos de 500 metros da vítima por un período superior en nove anos á duración da pena de prisión.

Deste xeito, os maxistrados ratifican as conclusións da Audiencia Provincial e, así, consideran probado que o acusado tiña "pleno coñecemento" de que a menor, con quen mantiña unha "relación familiar" e que presentaba un atraso madurativo equivalente a unha discapacidade do 35%, tiña 14 anos.

Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo

CONDENA POR ABUSO E AGRESIÓN SEXUAL

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos e tres meses de cárcere a un home como autor dun delito de abuso sexual e doutro de agresión sexual, ambos en grao de tentativa.

O tribunal considera acreditado que o imputado abordou a unha menor na rúa en Cee e, "coa intención de que o acompañase e manter algún tipo de relación de contido sexual", colleulle unha man e acariñoulla "con desexo de contido sexual", á vez que a miraba "de arriba a abaixo de maneira lasciva".

Ese mesmo día máis tarde, nas inmediacións da porta principal do centro comercial de Cee, abordou a outra menor, colleuna da man e tentou que o acompañase "para poder dalgunha maneira satisfacer o seu desexo sexual". A nena resistiuse, ante o que o condenado reaccionou propinándolle unha puñada nas costelas. A menor, no entanto, conseguiu fuxir e reunirse coas súas amigas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta