A Xunta destina 3 millóns a reducir o risco de inundacións no río Anllóns en Carballo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deu luz verde este mércores a un investimento de 3 millóns de euros para realizar as actuacións necesarias para reducir o risco de inundación no río Anllóns, ao seu paso polo municipio de Carballo.

O Executivo autonómico dálle deste xeito o visto e prace á firma do convenio de colaboración entre Augas de Galicia --dependente da Consellería de Infraestruturas-- e o Concello de Carballo.

Así, permítese a licitación da redacción dos proxectos construtivos e a execución das obras identificadas como prioritarias no plan de xestión específico para a área de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) deste río.

Segundo o acordo autorizado este mércores, a entidade hidráulica da Xunta asume integramente o financiamento destas actuacións, que está cofinanciadas con Fondos Feder.

Imaxe do esteiro de Anllóns descargada do SIGPAC do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente
Imaxe do esteiro de Anllóns descargada do SIGPAC do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente | Fonte: QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta