O 97% da mocidade cre que as empresas do téxtil de Galicia deberían usar o galego

Ana Antela, autora da investigación 'A lingua galega no sector téxtil' asegura que "resulta alarmante a baixa presenza do galego nestas empresas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O 97,1% dos mozos consideran que as marcas do sector téxtil de Galicia deberían empregar a lingua galega, mentres que o 81,3% sinalaron que tamén deberían facelo empresas procedentes doutros lugares do Estado español.

Trátase dunha das conclusións dunha investigación plasmada no libro 'A lingua galega no sector téxtil', que foi presentado este mércores na Deputación de Pontevedra con presenza da deputada de Lingua, María Ortega; a autora do libro, Anabel Antela Alonso; o presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e o coordinador deste traballo, Xosé Bahamonde.

O libro trata da situación lingüística actual e a relación da lingua galega coas compañías de moda de Galicia que son referentes a nivel internacional: Inditex e as súas seis marcas; Sociedade Téxtil Lonia e as súas dúas marcas (Purificación García e Carolina Herrera), así como Florentino, Nanos, Roberto Verino, Adolfo Domínguez, Bimba y Lola e Alba Conde.

Para Ana Antela, "resulta alarmante a baixa presenza do galego no téxtil". E é que só as marcas de Inditex ofrecen contidos en galego. Das 16, só 7 citan vínculos con Galicia, "pero sen facer fincapé na súa orixe". Anabel Antela, graduada na facultade pontevedresa de Publicidade e Relacións Públicas, investigou no seu Traballo Fin de Grao como transmiten as compañías téxtiles galegas as súas orixes e como empregan a lingua propia, concluíndo que estes factores son un valor que a mocidade galega considera destacable.

Na elaboración do seu traballo, Antela recolleu as respostas de 310 mozos, dos que o 70% sosteñen que un anuncio en galego induce á compra do produto e o uso do galego na comunicación favorece a imaxe de marca. O 97,1% dos mozos enquisados coincidiron en que estas marcas deberían empregar a lingua galega, mentres que 81,3% sinalaron que tamén deberían facelo empresas procedentes doutros lugares do Estado español.

A maioría das persoas consultadas pola autora no seu estudo valoraban máis aspectos como a calidade, a cultura e a tradición fronte a outros como a modernidade. "O 96% da mocidade afirma que nas tendas lles falan en castelán, pero o 75% contestaría en galego se lle falasen nel". "É o sector no que máis tempo de lecer invisten: débese traballar para que o galego teña as mesmas oportunidades", afirma Ana Antela, que incide en que "a procedencia galega é a cuarta característica máis importante para a compra para a mocidade".

Pola súa banda, Marcos Maceira destacou que "os países máis desenvolvidos son os que empregan a súa lingua para todo" e insistiu en que "non é suficiente queixarse da situación, fai falta ter compromiso". 

Cartel informando sobre atención con cita previa no escaparate dunha tenda de Bershka, propiedade de Inditex un día despois de que a firma galega abrise algunhas das súas tendas de menos de 400 metros cadrados. Marta Fernández Xara - Europa Press
Cartel informando sobre atención con cita previa no escaparate dunha tenda de Bershka, propiedade de Inditex un día despois de que a firma galega abrise algunhas das súas tendas de menos de 400 metros cadrados. Marta Fernández Xara - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 uu1

De verdade? Segundo dados do IGE no grupo de 5 a 14 anos somando “só galego” e “mais galego que castelhano” fica no 26%, no grupo de 15 a 29 fica no 37% http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?r...[12];1[all];0[all]&C=2[0];3[all]&F=&S=&SCF= Pois o que afirma o artigo é bem discutível. “o 70% sosteñen que un anuncio en galego induce á compra do produto”, semelha que os castelhano falantes (do grupo de 15 a 29, que representam o 63%) são os que se vem induzidos a compra com a publicidade em galego? Menos mal que graças a globalização, os que consideramos o galego e o português variedades do mesmo idioma (ao igual que figérom personagens coma Castelao, Risco, Murguia, Sarmiento ou Feijóo) e concordamos com o reintegracionismo, temos muitíssimos produtos disponíveis em uma variedade da nossa língua. FALEMOS GALEGO E APROVEITEMOS OS RECURSOS DISPONÍVEIS DAS VARIEDADES DO NOSSO IDIOMA

3 Contigo

Tienes toda la razón, pero para que vamos hablar el español que es la lengua de los parias, hablemos todos en inglés... you understand?

1 nostrus

Puede que tu te consideres un paria, pero no comprendo porque tienes que decir a los demas la lengua que debemos hablar. Habla tu lo que quieras.

2 nostrus

O galego é unha lingua oficial en Galicia para que a xente a use cando lle dea a gaña, pero non vexo a necesidade de usalo mais alá do que a xente queira e moito menos intentar impoñelo por un afán maniático-identitario. O galego é a dia de hoxe unha relixión, pero como tal relixión só lle deben rezar os que queiran facelo.

1 CastelaoPaSogama

O traballo resulta difícilmente crible. Son os mozos quen deixan o galego en masa porque ven no español todo un mundo de posibilidades que non lles ofrece a lingua rexional ou minoritaria. Supoño que as respostas, fora da realidade, se darían baixo presión da violencia simbólica dos que impoñen o galego.

1 Amancio

Os mozos deixan o galego en masa porque tal imposición do galego non existe, existe imposición do castelán. Comezando pola Constitución Española e acabando polo estigma que ainda hoxe en Galicia é enviar un CV en galego a unha oferta de traballo. Tamén existen moitos mozos que falan galego na sua casa e castelán na súa empresa. Será que están baixo a presión da violencia simbólica dos que impoñen o castrapo.