Os xeriatras galegos: "A vacina da Covid é a máis segura e efectiva das que existen"

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría pide reforzar a información pública para "tranquilizar" a sociedadde, sobre todo as persoas maiores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría apelou á importancia de que maiores e profesionais da medicina reciban a vacina contra a covid-19, que é "máis segura e efectiva que todas as que existen", polo que apelaron a que desde as administracións se promovan accións informativas para "tranquilizar" a sociedade, especialmente ás persoas maiores.

Membros da xunta directiva deste colectivo mantiveron un encontro con represenantes da Consellería de Sanidade, entre eles o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, e o xerente do Sergas, José Flores, cos que abordaron a situación da pandemia nas residencias de maiores e a campaña de vacinación que arrincará en Galicia o vindeiro domingo.

A sociedade científica aplaude a campaña de vacinación, da que valoran que se vaia dar comezo polas persoas maiores que viven en residencias e os profesionais destes centros. Neste sentido, apelan ao "compromiso ético" destes profesionais á hora de inmunizarse e propoñen que se establezan medidas ante posibles casos de negativas a recibir a vacina.

Así mesmo, formulan que as persoas maiores que viven nas súas casas e que cuden a centros sociais ou de día sexan o segundo grupo en recibir unha vacina que, din, "é a vacina máis segura e efectiva de todas as que existen".

Con todo, recoñecen que o proceso "foi un pouco precipitado" por parte das autoridades sanitarias, polo que cren que sería positivo que se reforzase a información pública para "tranquilizar" a sociedade, especialmente as persoas maiores que serán vacinadas, os seus familiares e o persoal dos centros residenciais.

Imaxe de arquivo dun bote de vacina.. ADOBE STOCK
Imaxe de arquivo dun bote de vacina.. ADOBE STOCK | Fonte: SINC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta