(Vídeo) Así son os xogos tradicionais galegos que corren risco de se perder para sempre

A Rede do Patrimonio lanza unha serie de vídeos para divulgar "unha pequena escolma" de xogos tradicionais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Aínda cando queda claro que o Nadal deste ano 2020 será celebrada de xeito atípico, hai unha ampla serie de actividades que seguen a ter lugar, en liña coa estela dos últimos anos. Unha delas é a recuperación e coidado do patrimonio tradicional galego, que nestes días conta cun dos seus principais expoñentes na figura do apalpador; figura cuxa recuperación se viu envolta en polémica nas redes sociais.

O xogo do solitario tallado en madeira
O xogo do solitario tallado en madeira | Fonte: A Chintofanería

A Rede do Patrimonio Cultural vén de se sumar a esta dinámica de coidar o propio ampliando as súas tarefas de conservación e recuperación a unha serie de "rituais" que "durante moito tempo foron a protección de casas, familias e colleitas". Refírense así, entre outros, aos xogos tradicionais galegos; actividades que, en moitos casos, atópanse hoxe relegadas ao esquecemento ou que perviven só na memoria dos máis maiores.

Para devolvelas á actualidade do día de hoxe, a Rede vén de anunciar que lanzará "unha pequena escolma" de xogos tradicionais en formato de vídeo. Estes serán publicados ata o día 5 de xaneiro, cando finalizará unha serie en colaboración co Observatorio Lúdico Galego. O primeiro capítulo destas actividades, disposto debaixo, está xa dispoñible na páxina de Facebook da Rede. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta