Anova e BNG: "O nacionalismo galego é pacífico"

O fiscal e a policía ven na AMI a parte legal dun entramado terrorista. Voceiros de PP, PSOE, BNG e AGE comparecen no xuízo no que está a decidir se Resistencia Galega existe. Vídeo e enlaces para seguir o xuízo en directo no interior.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 24/06/2013 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A Audiencia Nacional está a xulgar dende este luns aos catro mozos acusados de pertencer a Resistencia Galega. De seren condenados por pertenza a banda armada, probaríase por vez primeira a existencia dun grupo terrorista actuando no país.

Franciso Jorquera (BNG) comparece no xuízo sobre Resistencia Galega
Franciso Jorquera (BNG) comparece no xuízo sobre Resistencia Galega

Eduardo Vigo e Roberto Rodríguez enfróntanse a unha pena de 20 anos de cadea. Para Antón Santos e María Osorio López o fiscal pide 12 anos. Aos dous primeiros a Policía di ter probas de que manipularon explosivos para atentados, dos segundos di que facilitaban documentos falsos para cometer actos violentos. Os catro mozos negan os cargos e aseguran que o seu soberanismo busca vías plenamente pacíficas.

A súa defensa logrou que comparecesen os voceiros dos grupos representados Parlamento de Galicia. Pedro Puy (PP) deixou claro que os conservadores non saben quen son os autores dos ataques contra as súas sedes. Puy explicou que sufriron cinco ataques e que a o PP síntese atemorizado por eles. Nun sentido similar declarou Abel Losada (PSdeG), quen lembrou como varias sedes do PSdeG sufriron atentatos, confesou que tales actos causan temor nos socialistas e deixou claro que descoñece os seus autores e as súas motivacións.

Xosé Manuel Beiras (AGE - Anova) destacou que o soberanismo galego defende vías exclusivamente pacíficas. Beiras indicou que "non ten constancia" de que no país opere banda terrorista algunha. O catedrático lembrou que tanto Anova como o Bloque, do que foi voceiro, condenaron en multitude de oportunidades o uso da violencia con fins políticos. O político tentou ampliar a súa declaración, pero os maxistradores negaron que poidese "dicir algo máis" do que lle preguntaban.

Fracisco Jorquera (BNG) tamén salientou o carácter democrático e pacífico do nacionalismo galego. O parlamentar tamén asegurou que, dende o seu punto de vista, no país non opera ningunha formación terrorista.

Acusados de seren membros de Resistencia Galega no xuízo na Audiencia Nacional
Acusados de seren membros de Resistencia Galega no xuízo na Audiencia Nacional | Fonte: TVG

Na sesión da tarde, varios funcionarios policiais declararon que viron como Vigo e Rodríguez quedaban nun bar de Vigo e o primeiro marchaba coa mochila que trouxo o segundo. A Policía argumenta que nese intre foi cando Rodríguez lle pasou as tres bombas caseiras que os axentes din atoparon no coche de Vigo.

Un representante do CIS certificou que o terrorismo "cítao moi pouca xente" cando o ente público fai enquisas sobre os problemas que preocupan aos galegos.

Versión da Policía 

Outro responsábel da loita contra terrorismo realizou un longo testemuño no que se evidenciou que a estratexia da fiscalía é ligar aos mozos cunha rede terrorista que nacería no Exercito Gerrilleiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) e hoxe tería a súa "parte legal" na Asemblea da Mocidade Nacionalista (AMI).

"El Movimiento de Liberación Nacional engloba unha serie de organizaciones entre ellas AMI, que es digamos la continuadora del EGPGC", dixo o funcionario.  O policía lembra que "AMI la crea, uno de los fundadores, es Antom García Matos (...) es el ideólogo de toda la organización"  e que "todos os que foron condenados por actos terroristas foron militantes de AMI".

A policía admitiu que non sabe donde está Antom García Matos dende comezos de 2006, tras ser detido pola Guardia Civil en 2005. A versión das forzas de seguridade é que AMI introduce aos mozos en "accións de baixo nivel" como queima de caixeiros antes de pasar a formar parte de Resistencia Galega e facer outro tipo de atentados máis importantes.

O funcionario admitiu que o nome de "Resistencia Galega" é unha denominación policial escollida polos axentes ao fío dos textos de reivindicación de varios ataques e dous manifestos publicados na Internet, que rematan con esta frase. A Policía asegura que ten un informe dos TEDAX que indica que as ducias de artefactos que estouparon en Galicia nos últimos anos foron montadas polas mesmas persoas.

Do sentido do interrogatorio da acusación pode desprenderese que, no caso de lograr probar que hai banda armada, a fiscalía estudiará a ilegalización de colectivos como a AMI ou os conservacionistas de AMAL, pois a Policía insiste en que son a "parte legal" da presunta organización terrorista.

Seguir o xuízo en directo

A nova televisión por Internet Irmandade TV está a retransmitir o xuízo, a través do que se poden seguir as comparecencias, que debería acabar mañá martes.

Así resumiu a TVG as comparecencias dos voceiros parlamentares:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

6 Daniel

Não existe nem nunca existiu o terrorismo galego, podem haver alguns actos isolados mas nunca houve uma organização terrorista por detrás. Estes depoimentos nomeadamente de políticos galegos afectos aos partidos nacionais, PP e PSOE, servem para criar um falso medo na opinião pública galega. É preciso que os galegos que se sentem realmente galegos da sua cultura e língua não se deixem enganar por este engodo.

5 Don Juan Carlos

A Audiencia Nacional é um tribunal político herdeiro do Tribunal de Orden Público franquista. O verdicto será o que mais lhe convier ao Regime desde um ponto de vista estrictamente político. As leis, as provas, as presunzom de inocéncia, a verdade e demais nom som asuntos importantes para a Audiencia Nacional.

4 marinela

Non están sendo xulgados só catro independentistas. Está a ser xulgado o independentismo galego, e parece q hai moito interese en q o veredicto sexa culpable. Primeiro criminalízase a través dos medios, despois xúlgase e condénase (ou ao revés, xa non sei) Calquera pregunta q puidese supoñer como resposta q en Galiza non hai preocupación polo terrorismo, ou non hai ninguén q precise escolta policial, foi considerada "impertinente". Pasado mañá, calquera persoa que se mova será terrorista. Se vas polo monte de roteiro, se defendes a túa terra de proxectos destrutivos, incluso se levas alforxa na bici...sospeitos@ de terrorismo de xeito automático.

3 alexandre dadas

Os que confunden osos de nnos con animais din que temos que fiarnos dos seus informes.O nome puxemolo nós din os iluminados dun par de comunicados

2 Falsas apariencias

Senon lle quitan a palabra a Pétain acaba facendo do xuizo un mitín político. Este home vai lanzado xD!. Baixo o discurso supostamente coherente tanto de Anova coma do Bloque, non deixan de ser complices por ser partidos sistémicos, de este xogo de criminalizar o nacionalismo e inventarse un terrorismo coma cortina de fume e canteira de votos pepeira. Se aceptas as marcadas regras do xogo, non podes tirar a baralla no medio da partida.

1 anonimo

Referiame no comentario anterior a que o Bloque e os exbloqueiros que agora están en Anova, un dia entraron no xogo dos pepeiros e ainda que ao principio reticentes acababan por fins electoralista condeando o movemento de liberación nacional vasco.

2 mk__

Ainda poidendo ter razón, esto non toca nen aqui, nen agora.

3 Comunista

Claro que non toca, pero os trolls do Zarzuelas non dan tregua.

4 mk__

Non toca nen un nen o outro. Nestes momentos aparte de trolls tamén hai funcionarios do Ministerio de Interior, e primar a solidaridade sobre diferenzas hoxe é obrigatório. Quen teña orelleiras e non vexa mas ala das suas fobias que saiba que non axuda a Galiza senon está enfronte.