Xa son catro os mortos en accidentes esta Noiteboa

As vítimas son dous membros dun matrimonio, de 69 e 67, un home de 38 e un mozo de 29 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2020 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

O mozo que caeu co seu coche na madrugada deste venres en Moaña faleceu no hospital. É a cuarta vítima dunha tráxica xornada de Noiteboa na que tamén morreron os dous membros dun matrimonio, un home de 69 anos e unha muller de 67, na Coruña e outro home de 38 anos que morreu noutro sinistro en Ordes.

Choque frontal que deixa un morto e unha ferida grave en Ordes (A Coruña). GARDA CIVIL
Choque frontal que deixa un morto e unha ferida grave en Ordes (A Coruña). GARDA CIVIL

Estes dous accidentes tiveron lugar sobre as 21.30 horas, xusto antes das ceas de Noiteboa. Segundo informan fontes oficiais a Europa Press, o primeiro tivo lugar na Avenida Fisterra da Coruña con dous vehículos implicados.

Ademais, esta persoa indicaba que podía haber persoas feridas e atrapadas, polo que o 112 pasou o aviso a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros da Coruña, á Policía Local e a Protección Civil.

Aínda que as causas que orixinaron o choque aínda se está investigando, fontes oficiais apuntan a que un vehículo no que ía unha familia embestiu nun cruzamento contra o turismo no que viaxaba o matrimonio. Dáse a casualidade de que, detrás do coche das vítimas, viaxaba o seu fillo noutro.

Como consecuencia do impacto, a muller faleceu no acto e o corpo tivo que ser rescatado polos bombeiros, xa que se quedou atrapado no coche. O seu marido sufriu feridas graves polas que tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), onde finalmente faleceu de madrugada.

ORDES

Por outra banda, un choque frontal ocorrido este xoves á noite no municipio coruñés de Ordes saldouse coa morte dun home de 38 anos e unha moza de 20 trasladada a un hospital ferida grave.

O falecido era o único ocupante dun Volkswagen Golf, mentres que a ferida viaxaba como condutora dun Opel Corsa. Ambos eran veciños de Ordes.

MOAÑA

Tamén faleceu o mozo de 29 anos de idade que caeu ao mar co coche desde o porto de Domaio, en Moaña, faleceu de madrugada no hospital Povisa de Vigo, segundo confirmaron a Europa Press fontes oficiais.

Os feitos ocorreron sobre as 00,30 da noite do 24 ao 25 de decembro. Un pesqueiro próximo logrou sacar cun guindastre o vehículo e, unha vez en terra, o mozo que se atopaba no seu interior puido ser atendido polos efectivos sanitarios, que o trasladaron ao Hospital Povisa, onde finalmente faleceu de madrugada. No momento en que o coche caeu á auga, o mozo atopábase cun amigo seu que logrou saír do vehículo polos seus propios medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta