Cribados na Illa de Arousa, O Grove, Bueu e Vilagarcía ante o gran aumento de casos

O obxectivo é detectar asintomáticos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 25/12/2020 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) continuará coa planificación de cribados preventivos por PCR nos próximos días ás poboacións da Illa de Arousa, O Grove, Vilagarcía de Arousa e Bueu --pertencentes á área sanitaria de Pontevedra-O Salnés--, tras experimentar un aumento nos contagios por covid-19.

Cribado. Foto de arquivo.. EDUARDO BRIONES
Cribado. Foto de arquivo.. EDUARDO BRIONES | Fonte: EUROPA PRESS

Por este motivo, o Sergas pediu a colaboración dos concellos para realizar estas probas aos colectivos que presentan unha incidencia acumulada elevada. Segundo explicou a área Sanitaria nun comunicado, "a finalidade destes cribados é detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contagios".

Tal e como indicou o Sergas nun comunicado, a previsión é que a toma de mostras, que en Vilagarcía de Arousa comezou o 24 de decembro nun brote nun colectivo de etnia xitana, continúe este sábado 26 cun cribado voluntario na Illa de Arousa.

Realizarase no centro de saúde e estímase que se sometan a el 500 persoas de entre en 15 e 24 anos. O test realizaranse en quenda de mañá --de 9,00 a 15,00 horas-- e de tarde --de 16,00 a 19,00 horas--.

Tamén están previstos cribados voluntarios no Grove para o martes 29 e mércores 30 de decembro. Realizaranse no pavillón municipal en quendas de mañá e tarde. O Sergas estima que se someterán ao test ao redor de 1.000 persoas de entre 15 e 24 anos. Doutra banda, realizaranse probas preventivas con PCR ao sector da hostalaría do Concello de Bueu o próximo 28 de decembro.

Ademais, a área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés contempla efectuar un novo cribado voluntario ao persoal do centro comercial de Vilagarcía de Arousa o 2 de xaneiro e, de continuar a incidencia epidemiolóxica como ata agora, é dicir, en nivel alto, non descarta a ampliación dos municipios "nos próximos días".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta