O PP descontento coa chegada da vacina: "O Goberno atribuese un éxito que non é del"

Tacha de "lamentables" as palabras de Ábalos sobre os indultos polo 1-O: "Non se pode lexislar á carta"

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/12/2020 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

A vicesecretaria de Política Social do PP e deputada no Congreso, Ana Pastor, instou ao Goberno central a que centre os seus esforzos en "facer unha xestión eficaz da distribución" das vacinas en lugar de "pór unhas etiquetas XXL" nas caixas co que, di, pretende "atribuírse" un éxito que non lle corresponde.

Pastor ofreceu declaracións aos medios en Pontevedra na mañá deste domingo, xornada na que se iniciou en toda España a campaña de vacinación contra a covid-19. "Hoxe é un día de gran esperanza", sinalou a exministra, que considera o inicio da campaña de vacinación como "un dos fitos científico máis importantes dos últimos anos".

Por iso, demandou ao "Goberno da propaganda", en alusión ao Executivo central, que "en lugar de pór unhas etiquetas XXL" nas caixas das vacinas centre os seus esforzos en levar a cabo "unha xestión eficaz da distribución" das doses.

Ana Pastor. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS
Ana Pastor. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS | Fonte: J. Hellín. POOL - Europa Press

INDULTOS

Pastor tamén tachou de "bochornosas e lamentables" as declaracións do ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, sobre os posibles indultos aos políticos independentistas condenados polo 1-O.

En declaracións aos medios este domingo en Pontevedra, a exministra asegurou que as declaracións de Ábalos constitúen unha mostra de que o Goberno pretende "pagar os favores aos seus socios indepententistas" cun indulto aos condenados polo reférendum de 2017.

Pastor fixo referencia ás declaracións de Ábalos nunha entrevista publicada este domingo por La Vanguardia na que asegurou que "o Goberno ten a obrigación legal de tramitar os indultos e a obrigación moral de aliviar tensións". "Non se pode lexislar á carta", aseverou Pastor, que convidou ao ministro a ocuparse dos asuntos relacionados coa súa carteira, como os transportistas retidos en Reino Unido ou o control de pasaxeiros no aeroporto de Barajas, en Madrid.


PESCA E BREXIT

Así mesmo, Pastor tamén se pronunciou sobre o acordo para a saída do Reino Unido da UE e o seu impacto no sector pesqueiro español, do que destacou o seu papel "fundamental" na economía estatal.

Así, censurou que a pesca, un sector que "se xoga o seu futuro", "intercambiouse como o que menos importaba nas negociacións do Brexit", polo que asegurou que o PP levará ás institucións os problemas da pesca para que non quede relagada "á cola" dos asuntos vinculados coa saída do Reino Unido da UE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xesús Ateo Recalcitrante

É máis que evidente que non se pode lexislar á carta, senón en base ás necesidades reais da cidadanía. Iso foi o que fixeron esa banda neofranquista que rula baixo o nome de Partido Popular durante todos os anos que gobernou o Estado e que fai na actualidade desde o goberno de Galiza. Á carta dos que financian ao seu partido e dos que lles facilitan postos en direccións e consellos de administración de sociedades ou chiringuitos unha vez rematadas as súas funcións público-privadas. Pot iso coido que esa banda de mentireiros, sen-vergoña e hipócritas son as menos indicadas para falar de "lexislación á carta". Non si, dona Ana Pastor?