Deputación de Pontevedra reparte desde este luns 54.000 máscaras a municipios de menos de 20.000 habitantes

Vai destinado "aos colectivos máis vulnerables"

Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/12/2020 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra arrincará este luns un operativo de repartición dun total de 54.000 máscaras cirúrxicas aos 52 municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes.

Este envío, segundo informa a institución presidida por Carmela Silva, parte dun acordo de colaboración asinado coa Subdelegación do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

A repartición, levará a cabo "con criterios obxectivos en función da poboación", tal e como se fixo "desde o comezo da pandemia", subliña a Deputación. De feito, esta será a cuarta distribución de máscaras efectuada pola institución, polo que as unidades totais repartidas alcanzan a cifra de 266.500.

O goberno provincial xa enviou unha nova carta aos alcaldes e alcaldesas destes 52 municipios para informarlles da chegada do material sanitario e de que debe ir destinado "aos colectivos máis vulnerables", ademais da operarios de limpeza e residuos sólidos, traballadores sociais e policías locais.

Np Depo Novo Reparto Máscaras Concellos. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Np Depo Novo Reparto Máscaras Concellos. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta