Folga no transporte urbano de Ourense este luns para pedir un novo convenio colectivo

Os servizos mínimos garanten un autobús por cada liña salvo nas 17, 19 e 21

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 27/12/2020 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Os traballadores do servizo de transporte urbano da cidade de Ourense inician este luns unha folga ante a ausencia de avances para a concreción coa empresa concesionaria dun novo convenio colectivo.

As accións consistirán en paros de seis horas diarias repartidas en tres franxas horarias: de 08,00 a 10,00 horas; de 13,00 a 15,00 horas e de 19,00 a 21,00 horas, segundo informaron fontes sindicais.

A convocatoria de paros foi avalada polos traballadores nunha asemblea na que rexeitaron a última proposta da empresa ante as "aínda importantes" diferenzas en materia de xornada, salario e outras condicións laborais. O comité de folga advirte que, de non alcanzarse un acordo na negociación do convenio, os paros por horas derivarán nunha folga indefinida a partir do próximo 15 de decembro.

Os traballadores, que piden desculpas á cidadanía polas molestias que as protestas poidan ocasionar, lembran que a empresa, beneficiaria "dun dos contratos máis importantes", ten a chave "para desbloquear a negociación e volver á normalidade".

Así mesmo, o comité tamén se dirixe ao goberno local ourensán, do que non se pronunciou sobre "a situación de precariedade" da concesión do transporte urbano, polo que insta o executivo que dirixe o rexedor Gonzalo Pérez Jácome a intervir para "tratar de evitar o conflito".

SERVIZOS MÍNIMOS

Tras coñecerse a convocatoria, o goberno local ourensán emitiu un comunicado no que informa que os servizos mínimos establecidos obrigan a manter un servizo de autobús por cada liña, coa excepción das 17, 19 e 21, que se habilitarán en función da dispoñibilidade.

Ademais, o concello sinala que os traxectos iniciados antes das horas nas que se inician os paros deben completar o percorrido.

Rúa do Paseo de Ourense este nadal. Rosa Veiga - Europa Press
Rúa do Paseo de Ourense este nadal. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta