Nin pandemia, nin vacina....Nós, elixida palabra do Ano 2020 en Galicia

O concurso organizado pola RAG deixou a terminoloxía da Covid fóra do primeiro posto. Gromo, pandemia, máscara ou vacina quedaron por detrás.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/12/2020 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

Nin pandemia nin ningún dos outros tres termos finalistas relacionados con ela. Nós foi proclamada Palabra do Ano 2020 polas persoas que participaron ata o pasado 25 de decembro na elección popular promovida polo Portal das Palabras, a páxina web para a divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. "A voz gañadora salienta algo bo dun ano ben complicado, a celebración do centenario da xeración Nós, e olla cara ao futuro con optimismo porque nos lembra tamén que saírmos da crise global provocada polo SARS-CoV-2", apunta a RAG nun comunicado.

Seteiro, en referencia ao grupo de estrelas denominado tamén arqueiro (Sagittarius na forma latina), foi a segunda palabra máis votada tras resultar unha das seis finalistas pouco despois de que o Seminario de Terminoloxía da Real Academia Galega aprobase a listaxe normalizada dos nomes galegos das constelacións.

Revista Nós
Revista Nós

Os outros catro termos finalistas teñen que ver coa covid, pero quedaron nas seguintes posicións: gromo, na acepción que incorporou o dicionario da RAG neste 2020, a referida á aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar, acadou o terceiro posto; pandemia foi a cuarta palabra máis votada; máscara, a protección que deu o salto dos quirófanos á rúa, ocupa o quinto posto; e vacina, fica no sexto.

Os votos estiveron, iso si, máis repartidos ca noutras ocasións. Nós acadou case 3 de cada 10 votos emitidos; seteiro rozou o 20%; gromo fíxose con pouco máis do 17%; pandemia chegou ao 15%; e máscara e vacina sumaron, cada unha delas, pouco máis do 10% dos votos.

Tres letras que expresan moito

A palabra gañadora é moito máis có pronome persoal tónico da primeira persoa do plural. É tamén a voz que designa a publicación aparecida en outubro de 1920, que lle daría igualmente nome ao grupo galeguista organizado arredor dela. En palabras do profesor Ricardo Carvalho Calero, os integrantes da xeración Nós europeizaron a cultura galega e déronlle á nosa prosa “un pulo nunca visto nos tempos modernos”.

"Castelao titulou con acerto os debuxos deste proxecto co pronome tónico da primeira persoa do plural porque as tres letras que o conforman abondan para retratármonos como pobo, como cultura. E hoxe tamén abondan, tanto dende a perspectiva local como dende a global sempre conxugadas pola xeración Nós, para albiscar a solución ao gran desafío da pandemia da covid-19", destaca a RAG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Gamela

Lamentablemente seguiremos a ser Nós, os que padecemos e os que aturamos toda esta sarta de mentiras e medias verdades que nos teñen confinados per sécula seculorum, amén. Eu votei por GROMO, pensaba que algo bo podería agromar logo desta demostración de autoritarismo barato que levamos metida no corpo... pero non, semella que aínda nada vai agromar en Galicia, seguiremos sendo Nös os que seguiremos agardando cada tempada polo anuncio de Gadis para sentírmonos VIVOS (?) Pois, pacencia, outra vez será... https://twitter.com/00Gamela/status...

2 uu1

“INFÂMIA” é palavra do ano. O dia 12 de dezembro do 2020 ficará como o “dia da infâmia contra o idioma galego”, nem Carvalho Calero, nem todo o galeguismo (Paz Andrade, Castelao, Risco, Murguia, Sarmiento ou Feijóo entre outros) que luitarom pela supervivência da nossa língua mereciam-se este final. http://www.galiciaconfidencial.com/... A OFICIALIDADE JÁ NÃO PODE FICAR MAIS DESACREDITADA! FALEMOS GALEGO E APROVEITEMOS OS RECURSOS DISPONÍVEIS DAS VARIEDADES DO NOSSO IDIOMA

1 Gc4e

As variedades do "noso idioma" son a gheada,e cousas así, o voso non son variedades que existan en Galicia.

2 uu1

A opinião de Gc4e é bem interessante, possivelmente é a minha opinião antes de estar no Brasil. Ainda assim, escuitemos a os mencionados, Paz Andrade, Castelao, Risco, Murguia, Sarmiento ou Feijóo, que tenhem bastante mais prestigio que qualquer de nós. FALEMOS GALEGO E APROVEITEMOS OS RECURSOS DISPONÍVEIS DAS VARIEDADES DO NOSSO IDIOMA

1 CastelaoPaSogama

O bluf da xeracion Nós, que hoxe non cita nin o can ¿Ou alguén cita a Otero Pedrayo? E mira que se gastan cartos en algo que non ten ningún valor.

1 uu1

O bluf deste provocador não tem nome. Que um jornal escrito em originalmente em galego permita este sobrenome é inaudito. Seus comentários sinceramente prescindíveis. FALEMOS GALEGO E APROVEITEMOS OS RECURSOS DISPONÍVEIS DAS VARIEDADES DO NOSSO IDIOMA

2 Ailalelo

O GALEGO PRA NÓS TEN O MÁXIMO VALOR UN SÓ DA XERACION NOS TEN MIL MILLONS O TEU VALOR, can!! Sodes uns renegados iñorantes e mal...