Abanca e Afundación inician a segunda fase de repartición de menús solidarios

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Abanca e Afundación inician este luns a segunda fase do programa de apoio social 'Cubertos Nadal', que contribuirá a garantir unha alimentación saudable a 1.467 menores de fogares especialmente afectados pola crise da covid-19 durante o período das vacacións escolares.

En total, ata o próximo 7 de xaneiro, repartiranse 10.269 comidas a nenos na Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, en colaboración con concellos ou entidades sociais.

A acción comezou a semana pasada coa distribución de 6.200 menús especiais para toda a familia para a cea de Noiteboa e a comida de Nadal. 'Cubertos Nadal' forma parte das accións solidarias postas en marcha este Nadal por Abanca e Afundación co fin de contribuír a que nos fogares que están a atravesar dificultades económicas neste momento se poida vivir tamén o espírito do Nadal.

Menús especiais. Fonte: Concello de Allariz
Menús especiais. Fonte: Concello de Allariz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta