Aluvión de peticións de axuda á Xunta por parte de autónomos, microempresas e hostaleiros

A administración autonómica recibiu xa 40.000 solicitudes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo este luns, por videconferencia, unha reunión coa Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequena Empresas (APE-Galicia) na que fixo unha valoración do plan de rescate de autónomos, microempresas e os establecementos hostaleiros posto en marcha pola Xunta para paliar os efectos da covid-19.

Ao amparo destas axudas, a Administración autonómica recibiu 40.000 solicitudes para tres liñas de apoios (autónomos con e sen persoal a cargo; autónomos con persoal a cargo e microempresas e os establecementos hostaleiros pechados polas medidas ditadas pola autoridade sanitaria). "Das que antes de Nadal xa se tiñan xestionadas e pagadas o 40% destas peticións", precisa o departamento autonómico.

Respecto diso, Lorenzana destacou a axilidade coa que a Xunta está a tramitar estas axudas. "En menos dun mes desde a súa publicación as axudas xa están a chegar aos cidadáns para dotalos de liquidez", apuntou tras a reunión. A titular de Emprego sostivo, así mesmo, que o Goberno galego decidiu ampliar en 2,2 millóns de euros o plan de rescate, en concreto na liña de autónomos con persoal a cargo e microempresas, para poder dar resposta a todas as solicitudes tramitadas ata agora e que cumpren cos requisitos.

Así, o plan de rescate conta nestes momentos cun orzamento de 86,2 millóns de euros, segundo o departamento autonómico. Ademais, lembra que este luns remata o prazo para presentar as solicitudes nas liñas para autónomos con persoal a cargo e microempresas e para establecementos hostaleiros pechados polas medidas implantadas pola autoridade sanitaria.

A Conselleira De Emprego E Igualdade, María Jesús Lorenzana, Participa Por Videoconferencia Na Reunión Da Asociación Intersectorial E Interterritorial De Autónomos E Pequena Empresas (APE-Galicia). XOÁN CRESPO
A Conselleira De Emprego E Igualdade, María Jesús Lorenzana, Participa Por Videoconferencia Na Reunión Da Asociación Intersectorial E Interterritorial De Autónomos E Pequena Empresas (APE-Galicia). XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta