Convocan un concurso de debuxo infantil para defender as "sexualidades non normativas"

Está organizado pola Asociación de familias de menores trans de Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A Asociación de familias de menores trans de Galicia (ARELAS) vén de poñer en marcha unha nova iniciativa de sensibilización e concienciación no tocante á temática da identidade de xénero. Trátase dun Concurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a Diversidade Sexual, que arrinca esta primeira edición co obxectivo de "seguir visibilizando e concienciando sobre a igualdade de oportunidades" do colectivo.

Infante pintando nunha gardaría. XUNTA - Arquivo
Infante pintando nunha gardaría. XUNTA - Arquivo

O obxectivo do certame, que contempla premios por un total de 500€, pasa tamén por naturalizar e espallar o "apoderamento das sexualidades non normativas", así como continuar e reforzar a loita contra as "discriminacións e violencias LGTBI+fóbicas". De aí que os organizadores do certame se reserven a potestade de non admitir aquelas candidaturas que "firan a sensibilidade" ou "inciten a condutas violentas ou discriminatorias".

Segundo destacan dende ARELAS, o certame contempla dúas categorías con cadansúa parella de premios. Están, por un lado, os recoñecemento orientados a concursantes de ata 12 anos --inclusive--; e, por outro, o daquelas persoas con 13 ou máis anos de idade. "Os traballos deberán ser enviados antes das 24 horas do día 10 de xaneiro e o 28 de xaneiro", explican, momento no que farán pública a resolución do xurado. 

O primeiro premio de cada unha das categorías contempla unha recompensa económica de 150€, que no caso do segundo son 100€. Ademais, os catro traballos premiados serán publicados nas redes sociais e na web de ARELAS, que pon esperanza no papel do certame á hora de sensibilizar sobre a situación dos menores trans como colectivo. "Ogallá a participación neste concurso sexa moi grande para que nos regale imaxes moi lindas e moi necesarias de visibilizar", subliñan. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta