A Xunta utilizará cartos europeos para financiar as grandes compañías telefónicas

Dará catro millóns de euros en axudas ás empresas para mellorar a cobertura móbil en núcleos illados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2020 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este martes lanzar unha primeira convocatoria de axudas a operadoras de telecomunicación para que melloren a cobertura móbil en 290 núcleos illados do rural, repartidos por 65 municipios de Galicia.

A Administración autonómica destinarán un montante total de 4 millóns de euros para esta liña de subvencións que se enmarca nun plan impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que supón un total de 10 millóns de euros.

A Xunta prevé abrir esta convocatoria o mes de xaneiro, a partir de cando as operadoras interesadas poderán presentar os seus proxectos nos núcleos que elixan dunha listaxe de 290 que se recollen no devandito plan. A convocatoria estará financiada ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e subvencionará o 90% dos medios despregados polas compañías.

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda,e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na reunión do Consello. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda,e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na reunión do Consello. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta