Así son as axudas directas da Xunta: 11% a medios en galego e 89% a medios en castelán

Hai grupos, como La Voz de Galicia, que recibe ata catro vías de subvención diferente; polo xornal en papel, polo xornal dixital, pola radio e pola web da radio. Os xornais dixitais en galego están excluídos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/01/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

200.000 euros. Iso foi o que recibiron un ano máis os medios en galego por parte da Xunta de Galicia. Unha cantidade que representa pouco máis do 11% do que a Xunta de Galicia lle deu aos medios de comunicación tradicionais e que é unha das principais vías de financiamento destes grupos. En total, a Xunta concedeu 1,754 millóns de euros en concepto  de "axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radiodifusión" e 200.000 ás "empresas xornalísticas que realicen publicacións periódicas íntegramente en galego". En total, case dous millóns de euros.

Cabeceiras de medios en galego que reciben subvencións por parte da Secretaría Xeral de Medios da Xunta
Cabeceiras de medios en galego que reciben subvencións por parte da Secretaría Xeral de Medios da Xunta

O que chama a atención destas axudas é que a Secretaría Xeral de Medios diferenza claramente nas dúas vías de axuda os medios entre os que reparte os cartos públicos e, mentres non ten problema en subvencionar a radios ou xornais dixitais en castelán --que soen ser dos mesmos grandes grupos mediáticos que xa subvencionou-, non fai o mesmo coas axudas en galego que só limita a publicacións en papel.

Isto provoca que medios como La Voz de Galicia reciba axudas por catro vías diferentes: o xornal en papel, o seu xornal dixital, a súa radio e a web da súa radio, mentres medios como Galicia Confidencial, o segundo medio dixital de Galicia detrás do xornal coruñés segundo a auditora Alexa, do grupo Amazon, ou Praza Pública, quedan escluídas destas dúas liñas de axudas. Tamén quedan fóra televisións en galego como Nós TV ou radios como Raiofusión ou Radio Estrada, ademais doutras radios locais.

A convocatoria publicouse no DOG deste 30 de decembro, en plenas festas do Nadal e o principal beneficiario volveu ser o Grupo Voz. De feito, este grupo de comunicación, que nos últimos tempos se ten posicionado claramente á dereita e cunha defensa acérrima do goberno de Feijóo, recibiu máis de 850.000 euros

Despois de La Voz sitúanse o resto dos grupos mediaticos galegos. E neste segundo grupo os mellor posicionados son Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña, do grupo Prensa Ibérica, que levan 365.292. O Grupo El Progreso recibe case 234.842 euros, o Grupo La Región 154.047 euros e o Grupo La Capital, que edita entre outros, El Ideal Gallego e Diario de Ferrol, recibe 35.540. En Radios, a que máis recibe é a Cadena Ser, a través das distintas radios asociadas en Galicia con case 102.013. Logo a Cadena Cope, con 73.000. Despois Onda Cero, con 44.700 e Radio Voz, case 17.680

MEDIOS EN GALEGO

Dos escasamente 200.000 euros repartidos entre os medios en galego con edicións en papel, o xornal que máis recibe é Sermos Galiza --agora denominado Nós Diario--, con 26.000 euros. Depois está Editorial Novas do Eixo Atlántico, con case 25.000 euros e Letras a la Carta S.L., que edita o xornal Barrios en distintas localidades, con 22.500.

AXUDAS A MEDIOS EN GALEGO

Beneficiaria

Publicación

Importe (€)

Ana Conde Miranda

Teovivo

6.404,47

Arrincamos, S.L.

Sprint Motor

6.293,06

Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, S.A.

Tempos Novos

6.142,97

Ediciones Edisport, S.L.L.

A Louriña

6.098,37

Ediciones Edisport, S.L.L.

Vigo Deportivo

6.123,29

Edicións Mide, S.L.

A Nova Peneira

7.458,65

Edicións Mide, S.L.

Hermes & Atenea

6.484,00

Editorial Novas do Eixo Atlántico, S.L.

Foro A Peneira

5.652,00

Editorial Novas do Eixo Atlántico, S.L.

Novas de Turonio

5.863,12

Editorial Novas do Eixo Atlántico, S.L.

Novas do Eixo Atlántico

6.332,00

Editorial Novas do Eixo Atlántico, S.L.

O Farelo

6.312,53

Garherve, S.L.

O Sil Ano 2000

7.134,75

Garherve, S.L.

O Sil Deportivo

7.095,81

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Código Cero

6.339,78

Ineditor Grupo Towers, S.L.

EnComún

12.051,25

Letras a la Carta, S.L.

Barrios

22.591,30

Libre Expresión de Medios de Galicia, S.L.

AMSGO!

6.448,81

Luzes, Xornalismo que Conta, S.L.

Revista Luzes

6.145,10

Manuel Núñez Fiuza

O Periódico Lalín e Comarca

6.761,60

Portas Comunicación, S.L.

Terra Chá Xa

6.729,16

Prensa da Mariña, S.L.

A Mariña Xa

7.105,55

Publicidade Terceiro Milenio, S.L.U

Xornal 21

7.053,63

Sermos Galiza, S.A.

Sermos Galiza

26.091,32

Underwood Media, S.L.

Crónicas. Mensual Independente da Comarca de Ordes

7.209,38

AXUDAS A MEDIOS EN CASTELÁN

a) Axudas a xornais impresos en formato papel

Entidade beneficiaria

Importe da axuda (€)

Editorial La Capital, S.L.

29.657,05

El Progreso de Lugo, S.L.

129.659,23

Faro de Vigo, S.A.

239.991,18

La Opinión de La Coruña, S.L.

38.007,58

La Región, S.A.

107.255,22

La Voz de Galicia, S.A.

541.708,75

Lérez Ediciones, S.L.

68.194,90

Rías Baixas de Comunicación, S.A.

28.514,70

b) Axudas a empresas radiofónicas privadas

Entidade beneficiaria

Importe da axuda (€)

Radio Coruña, S.L.

25.314,49

Radio Lugo, S.A.

1.843,59

Radio Orense, S.A.

28.547,84

Radio Pontevedra, S.A.

19.259,77

Radio Popular, S.A.

72.990,31

Radio Vigo, S.A.

26.226,93

Sociedad Española de Radiodifusión, S.L.

19.825,81

Uniprex, S.A.

54.712,11

Voz de Galicia Radio, S.L.U.

17.679,15

c) Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa pola internet

Entidade beneficiaria

Importe da axuda (€)

Editorial La Capital, S.L.

5.880,09

El Progreso de Lugo, S.L.

26.726,57

Europa Press Delegaciones, S.A.

1.746,03

Faro de Vigo, S.A.U.

72.333,18

La Opinión de La Coruña, S.L.U.

14.951,25

La Región, S.A.

15.443,80

La Voz de Galicia, S.A.

290.627,64

Lérez Ediciones, S.L.

10.263,38

Radio Coruña, S.A.

824,45

Rías Baixas de Comunicación, S.A.

3.835,78

Virtual Vedra Comunicación, S.L.

4.527,71

Voz de Galicia Radio, S.L.U.

118,23

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Así é como as mentiras dos políticos convírtense en Verdades nos Medios ! Levamos aturando esta farsa moito tempo e ningún grupo político está disposto a lexislar en contrario, non vaia ser que cando cheguen ao poder teñan obstáculos para seguir mantendo a Propaganda con cartos públicos! O máis irritante é ver como os medios que levantan muros de pago son os que reciben máis cartos para que a xente non poda siquera ler as noticias que paga con cartos públicos! https://i.gal/gamela22 Se queremos unha prensa libre e independente non imos ter máis remedio que PAGALA NÓS! O único xeito de manter a liberdade de expresión e de información será poñer toda a nosa vontade para soster medios como GC que informa puntualmente dos ENGANOS DO PODER Hoxe máis que nunca temos a obriga manter unha Prensa Libre RESISTIR TEN UN PREZO! www.galiciaconfidencial.com/achegas/

1 Gamela

Así é como as mentiras dos políticos convírtense en Verdades nos Medios ! Levamos aturando esta farsa moito tempo e ningún grupo político está disposto a lexislar en contrario, non vaia ser que cando cheguen ao poder teñan obstáculos para seguir mantendo a Propaganda con cartos públicos! O máis irritante é ver como os medios que levantan muros de pago son os que reciben máis cartos para que a xente non poda siquera ler as noticias que paga con cartos públicos! https://i.gal/gamela22 Se queremos unha prensa libre e independente non imos ter máis remedio que PAGALA NÓS! O único xeito de manter a liberdade de expresión e de información será poñer toda a nosa vontade para soster medios como GC que informa puntualmente dos ENGANOS DO PODER Hoxe máis que nunca temos a obriga manter unha Prensa Libre RESISTIR TEN UN PREZO! http://www.galiciaconfidencial.com/...