O prezo da vivenda en Galicia cae un 7,9% ao peche do ano

Ourense é a cidade galega que rexistra un maior descenso no prezo da vivenda no último trimetres, ao caer un 20,3%, segundo a sociedade de tasación Tinsa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/12/2020 | Actualizada ás 13:03

Comparte esta noticia

O prezo medio da vivenda nova e usada rexistrou en Galicia durante o cuarto trimestre do ano --outubro, novembro e decembro--, unha caída do 7,9% respecto ao mesmo período do ano 2019. En España, a taxa interanual representa unha caída do 1,7%.

Así o reflectiu a estatística trimestral de vivenda nova e usada de Tinsa IMIE Mercados Locais, realizada pola sociedade de tasación homolagada Tinsa e publicada este mércores.

O director do Servizo de Estudos de Tinsa, Rafael Gil, nun comunicado, explicou que os datos provisionais do índice xeral apuntan "a certa estabilización de prezos nos dous últimos meses do ano", aínda que indicou que descenden tanto en termos anuais como de media trimestral, "cunha caída respecto ao primeiro trimestre --antes da pandemia-- superior ao 2%".

A nivel estatal, o prezo da vivenda hase depreciado, desde marzo --cando comezou a crise sanitaria da covid-19-- un 2,3%, aínda que rexistrou durante o cuarto trimestre do ano un descenso "moderado", dun 0,7% --1.351 euros o metro cadrado--, respecto ao trimestre anterior.

OURENSE, A CIDADE GALEGA ONDE MÁIS BAIXA O PREZO DA VIVENDA

Segundo este estudo, todas as comunidades rexistraron descensos, tanto interanuais como respecto da situación precovid. En canto á taxa interanual no último trimetre --na que Galicia rexistrou unha caída do 7,9%--, Melilla foi a única zona que rexistrou unha evolución positiva (5,3%) e A Rioxa foi a comunidade na que máis descenderon os prezos respecto ao cuarto trimestre de 2019, un 20,1%.

Respecto dos valores provinciais, Lugo foi, das catro provincias galegas, a que menos descenso rexistrou (-4,1%), seguida por Pontevedra (-6,2%), A Coruña (-8,7%) e Ourense, onde os prezos descenderon un 12,9%.

O estudo de Tinsa tamén inclúe as variacións interanuais por cidades, entre as que destacan os datos en positivo de Pontevedra e Vigo, cun 1,7% e 1,6% de subida dos prezos, respectivamente. Os responsables da investigación sinalaron que se inclúe a Vigo por "considerar que é un mercado tan representativo como a capital da provincia, Pontevedra".

Doutra banda, o prezo da vivenda respecto ao cuarto trimestre de 2019 cae na Coruña, un 2,1%; en Lugo, un 6,9%; e en Ourense, un 20,3%. Esta última é unha das cidades españolas que rexistrou un maior descenso na taxa interanual, só superada por Logroño, cun 22,3%.

Adif saca a poxa pública tres das súas vivendas en Galicia. ADIF
Adif saca a poxa pública tres das súas vivendas en Galicia. ADIF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta