A Xunta saca a licitación a tramitación previa para acometer a ampliación do Chuac

Asegura que a fase cero está pendente da licenza municipal e reprocha ao goberno local "indefinición"

Por E.P. | A CORUÑA | 30/12/2020 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

A Xunta licitou este mércores, por 7,6 millóns de euros, os documentos técnicos e a tramitación urbanística e ambiental que permitirán iniciar as seguintes fases da ampliación do hospital da Coruña, o 'Novo Chuac'.

Así o informou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, nunha rolda de prensa xunto ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o xerente da área sanitaria coruñesa, Luís Verde.

O contrato licitado este mércores consiste na elaboración do proxecto urbanístico e ambiental, a redacción dos anteproxectos e dos proxectos básicos e de execución, do proxecto de construción de viario e accesos, dos proxectos de demolición e a dirección, control e vixilancia das obras nas súas distintas fases.

Os conselleiros de Infraestruturas e Sanidade, Ethel Vázquez, e Xullo García Comesaña, nunha rolda de prensa sobre a ampliación do hospital da Coruña, xunto ao delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e o xerente da área sanitaria, Luís Verde. CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS
Os conselleiros de Infraestruturas e Sanidade, Ethel Vázquez, e Xullo García Comesaña, nunha rolda de prensa sobre a ampliación do hospital da Coruña, xunto ao delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e o xerente da área sanitaria, Luís Verde. CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS | Fonte: Europa Press

A titular de Infraestruturas mostrouse moi crítica co papel do goberno local en relación a esta obra. Así lle esixiu "máis compromiso e máis implicación con este hospital" tras criticar a súa "indefinición".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta