O novo plan hidrolóxico da demarcación Miño-Sil será posto en consulta pública o ano que vén

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2020 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, reuniu aos membros do Consello da auga da Demarcación (CAD) para dar conta da información contida no Esquema dos Temas Importantes (ETI) e para emitir o informe preceptivo, necesario para continuar coa tramitación do terceiro ciclo de Planificación Hidrolóxica.

Neste órgano colexiado e de goberno da CHMS, organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, están representadas as distintas Administracións presentes no territorio, ademais dos usuarios da auga --abastecemento, regadíos, usos enerxéticos, e outros usos--; e é o encargado de promover a información, consulta e participación pública no proceso planificador.

Durante a sesión relacionáronse os principais datos relativos á evolución dos recursos hídricos da demarcación durante os anos hidrolóxicos 2017/2018 e 2018/2019, das demandas consuntivas de auga, do cumprimento dos caudais ecolóxicos, así como do estado das masas de auga da demarcación e do avance do programa de medidas.

Por outra banda, o consello emitiu o informe preceptivo sobre o Esquema dos Temas Importantes (ETI) en materia de xestión das augas do ciclo de planificación hidrolóxica 2021-2027.

O ETI é a segunda fase na elaboración do novo plan hidrolóxico 2021-2027 posterior aos documentos iniciais e previa ao proxecto de Plan Hidrolóxico, o cal será posto en consulta pública o próximo ano 2021.

Emitido o informe da demarcación Miño-Sil. DEMARCACIÓN MIÑO-SIL
Emitido o informe da demarcación Miño-Sil. DEMARCACIÓN MIÑO-SIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Onte mesmo a Xunta de Goberno Local de Vigo renovou por 5 anos a concesión da auga a FCC Aqualia a mesma compañía que cobra un mínimo de 30 M3 gastes a auga que gastes e consumas o que consumas sempre acabas pagando 40 € (bimensual) e ninguén sabe se bebemos auga da billa que é o que bebemos (a Planta Potabilizadora non emite ningún tipo de informe público se queres saber o que bebes terás que levar a auga a unha Farmacia e pagar a analítica correspondente!) A agua vai se o Gran Negocio a partires do 2021 !!! No país dos mil ríos seguen traballando os coarenta ladróns de toda a vida !!!