Galicia aínda non rexistrou virus gripais este tempada

Sanidade amplía a campaña de vacinación da gripe ata o 16 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/12/2020 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Saúde Pública decidiu prorrogar a campaña de vacinación contra a gripe de 2020 ata o 16 de xaneiro, ou ata esgotar as doses, co obxectivo de que se poidan vacinar contra esta infección todas aquelas persoas que aínda non o fixeron.

Así, informou Sanidade, a ampliación da campaña está destinada tanto para aquelas persoas que pertencen ás poboacións nas que a vacinación está indicada, como para o resto de poboación que o desexe.

A campaña de vacinación antigripal deste ano superou xa moitos dos obxectivos fixados para o exercicio 2020. Así, os datos actuais reflicten que o 76,32% do persoal sanitario xa se vacinou, así como o 63,66% das mulleres embarazadas, o que cobre o obxectivo da campaña.

Respecto das persoas de 65 ou máis anos, na actualidade xa se vacinou o 71,38%, 11 puntos por encima da pasada campaña e preto do 75% marcado como obxectivo. A estas alturas, informa Sanidade, aínda non se detectaron virus gripais en Galicia.

Vacinación da gripe en Santiago de Compostela. Subministración de vacina nunha enfermaría. Vacinas, enfermaría, coronavirus, covid-19
Vacinación da gripe en Santiago de Compostela. Subministración de vacina nunha enfermaría. Vacinas, enfermaría, coronavirus, covid-19 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta