Temas: BARCELONA HUMOR

'Bueno carallo bueno', un podcast galego que chega dende Barcelona

Os protagonistas do mesmo son o politólogo Silvio Falcón e o actor Alberte Montes, dous amigos galegos que residen na cidade condal.

Por X.M. Fernández | BARCELONA | 02/01/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Alá por xaneiro do 2011 Silvio Falcón e Alberte Montes encetaron o ano creando un blog baixo o título de Bueno Carallo Bueno no que interaccionaban cruzando artigos sobre diferentes temas. 

Logo
Logo

Agora, dez anos máis tarde, festexan esa efeméride facendo do Bueno Carallo Bueno un podcast. Un podcast en 2021, 'uns visionarios' como eles mesmos afirman con retranca.

Alberte e Silvio, humorista e politólogo -vaia tándem- estrean este espazo quincenal en galego de cara ao novo ano que entra. Arrincaron cun 'Especial de Nadal' e xa están de vacacións até mediados de xaneiro, aínda así prometen constancia e alto contido en risos.

O podcast pode escoitarse nas plataformas habituais de podcasting (Spotify, Anchor, etc).

Silvio Falcón e Alberte Montes. Foto cedida.
Silvio Falcón e Alberte Montes. Foto cedida.
Temas: BARCELONA HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galegON

Vaia dous...