'Dígochoeu', o proxecto educativo da CRTVG sobre o uso do galego, fai un ano

A compañía asegura que é un dos contidos que máis visualizacións recibe nas redes sociais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2020 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O proxecto educativo da CRTVG en torno ao galego '#DígochoEu' fai un ano de vida o 1 de xaneiro, con "miles de seguidores", segundo informa a compañía.

Cun formato "divertido e dinámico", a xornalista Esther Estévez "convida a falar mellor en galego nun vídeo que propón unha palabra incorrecta, de uso común, e ofrece sinónimos e consellos" para darlle un cambio a esas expresións.

Esta iniciativa naceu dentro da web dos servizos informativos, "onde pronto se situou como un dos contidos máis visualizados cada semana", destaca a CRTVG.

Da web deu o salto á pantalla dos telexornais e este outono chegou a TikTok, "onde poden verse contidos extra". Dende a CRTVG explican que "en tan só catro meses en TikTok, #Digochoeu chegou aos 35.000 seguidores", remarca a compañía que asegura que os vídeos se aproximan ao cinco millóns de visualizacións.

Actualmente, pode verse na web crtvg.gal, en g24.gal, así como nas contas de Instagram (@g24noticias), Twitter (@g24noticias), Facebook (g24noticias), Youtube (youtube.com/tvg) e TikTok (tiktok.com/@digochoeu) e no telexornal da TVG.

Dígocho eu, programa da TVG, con Esther Estévez
Dígocho eu, programa da TVG, con Esther Estévez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Está ben, pero do fenómeno Redes compriría falar de vagar algún día... / claro que nas redes nin temos tempo / nin están feitas para iso / nin a xente quere ler máis de dúas liñas seguidas / ? / https://i.gal/FalsasRedes / A miña "relixión" tenme prohibido terminantemente usar FB e Instagram / o do tiktok semella ser o último bar (?) Non sei se merece a pena moverse tanto para nada... Qué foi do Cabozo (?) https://cabozo.com/user/Gamela