Galicia alcanza xa os 1.400 mortos con covid-19 o último día de 2020

Este 31 de nadal notificaronse sete novos falecidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2021 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este xoves sete novas vítimas mortais con covid-19 en Galicia, co que a cifra total de falecidos vinculados á pandemia no último día do ano elévase ata os 1.400.

En concreto, segundo informou a Xunta, faleceron un home de 59 anos e unha muller de 92 que se atopaban ingresados no Clínico de Santiago, así como unha muller de 85 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, procedente da Residencia DomusVI Vimianzo.

Tamén se notificou a morte dun home de 85 anos ingresado no Hospital de Ourense e dun home de 63 anos que se atopaba en Povisa, en Vigo. Por outra banda, rexistráronse dúas mortes en centros residenciais: as dunha muller de 79 anos e outra muller de 91, ambas as na residencia de Vilaboa.

Un ancián permanece dentro dunha ambulancia tras ser trasladado da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 2020. No centro a situación actual é. Carlos Castro - Europa Press
Un ancián permanece dentro dunha ambulancia tras ser trasladado da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 2020. No centro a situación actual é. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta