Os contaxios en residencias galegas baixan a 134 despois de tres positivos, tres altas e un falecido

Súmanse ao total de usuarios afectados tres residentes no centro Moledo de Vigo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/01/2021 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Os casos de covid-19 en usuarios de residencias galegas descende de forma mínima este sábado ao producirse tres novos positivos, tres altas e un falecido que deixan o cómputo global en 134, un menos que hai 24 horas. Así se desprende do parte da Consellería de Política Social deste sábado con datos solicitados ata o venres.

Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19
Un profesional sanitario baixa da ambulancia na que viaxa un paciente con Covid-19 | Fonte: Europa Press

En concreto, súmanse ao total de usuarios afectados tres residentes no centro Moledo de Vigo. Pola súa banda, saen do cómputo por negativizar tres usuarios das residencias CRAPD Vigo 2, San Bartolomeu de Xove e Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo.

Así mesmo, hai que descontar do total de casos a un usuario, un home de 83 anos, da residencia DomusVi de Vimianzo que faleceu nas últimas horas no propio centro.

É, precisamente, esta residencia a que maior número de usuarios afectados ten. A DomusVi Vimianzo contabiliza un total de 57 casos de covid-19. Séguelle a residencia San Bartolomeu de Xove, con 15; a residencia hospital asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo, con 12, e a Moledo de Vigo, con 11.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta