Temas: MEIS

A Garda Civil reduce a un home que interrompeu o tráfico na Autovía do Salnés á altura de Meis

O individuo sufrira un accidente co seu coche.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/01/2021 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil reduciron na mañá deste domingo a un individuo que protagonizou un altercado na Autovía do Salnés á altura da gasolineira de Meis (Pontevedra), onde tentou interromper o tráfico tras sufrir un accidente co seu coche.

Garda Civil.
Garda Civil.

Segundo fontes próximas ao caso, o incidente tivo lugar ás 09,30 horas deste domingo, cando o home abandonou o seu coche despois de sufrir un sinistro.

O individuo, que se atopaba moi alterado, dirixiuse á cafetaría dunha gasolineira, onde ameazou á camareira e colleu un extintor. Acto seguido foise á estrada para tentar deter a varios vehículos.

Tras recibir a alerta, dúas patrullas da Garda Civil e unha dotación de Urxencias Sanitarias 061 desprazáronse ao lugar. Estas fontes sinalan que o home presentaba unha actitude agresiva e tivo que ser reducido polos axentes. Acto seguido, foi trasladado en ambulancia para recibir atención médica.

Temas: MEIS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta