Cinco novos falecidos por covid nas últimas horas, tres deles en Santiago

Unha das vítimas morreu nunha residencia da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2021 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou outro cinco falecementos relacionados coa pandemia de covid-19, que ata o momento deixa un balance de 1.414 vítimas mortais.

Segundo informaron este domingo as autoridades sanitarias, nas últimas horas perderon a vida cinco persoas diagnosticadas con coronavirus. Todas tiñan patoloxías previas.

Unha delas, unha muller de 93 anos de idade, faleceu na Residencia Santa Teresa de Jornet da Coruña; mentres que os catro óbitos restantes producíronse en hospitais.

No CHUS de Santiago déronse tres destas mortes: un home de 94 anos e dúas mulleres de 91 e 86 anos, respectivamente. A última das vítimas, un home de 87 anos, foi no hospital Povisa de Vigo.

Persoal sanitario atende a un paciente de Covid na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende a un paciente de Covid na UCI do hospital Povisa | Fonte: Foto Miguel Riopa - remitida por Povisa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta