A galega Ana Blanco (PP) carga contra RTVE por "tapar a bandeira de todos os españois" nas campanadas

Acusou á corporación de poñer un "pegote" para ocultar a proxección.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Críticas nas redes á política galega Ana Vázquez Blanco (PP) tras cargar esta contra RTVE polo decorado escollido para das as campanadas de aninovo. Aínda que a gala do pasado xoves foi máis comentada pola intervención de Ana Obregón, a ex-alcaldesa de Bande aproveitou para criticar que se "tapara" a bandeira "de todos os españois"; un feito que catalogou de "sectario" na súa conta de twitter. Días despois recibía respostas de rexeitamento por parte doutros internautas.

Imaxe das campanas de aninovo 2021 na 1
Imaxe das campanas de aninovo 2021 na 1 | Fonte: RTVE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta