Temas: COCHES GASOLINA

2020, un moi mal ano para os coches novos: a venda caeu un 24% en Galicia

As cifras encaixan coas da media española, que deixan un escenario "difícil" para o comezo do ano 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 30.452 vendas de automóbiles en 2020, o que supón un descenso do 24,3% respecto de 2019 (case 10.000 menos) nun ano marcado pola crise económica provocada pola pandemia.

Con todo, as matriculacións resisten mellor en Galicia que no resto do país, xa que a caída é oito puntos inferior á baixada media española (-32,3%), segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), (Faconauto) e vendedores (Ganvam). É o segundo ano consecutivo con descenso de vendas na comunidade galega e en España.

O mercado de gasolina é o que máis se resente en Galicia ao longo do ano, con 14.290 matriculacións e un 34% de baixada. O descenso de vendas de turismos diésel é do 31% (9.765 automóbiles). Tamén van á baixa en 2020 en Galicia o mercado de vehículos comerciais lixeiros, industriais e autobuses.

Con todo, no que se refire só ao mes de decembro hai unha repunta en Galicia nas vendas de coches do 7,55%, cun total de 4.144 unidades. Contrasta coa situación case invariable a nivel estatal (-0,01%).

DATOS ESTATAIS

As entregas de turismos e todoterreos acumulan dous anos consecutivos de baixada e sitúanse por baixo do millón de unidades, dato que non se rexistraba desde 2014, cando as 855.308 unidades comercializadas representaron o inicio do fin da crise económica de entón.

Imaxe dun coche, Peugeot 3008, nun concesionario de Madrid.. RICARDO RUBIO (EUROPA PRESS) - Arquivo
Imaxe dun coche, Peugeot 3008, nun concesionario de Madrid.. RICARDO RUBIO (EUROPA PRESS) - Arquivo | Fonte: Europa Press

Temas: COCHES GASOLINA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta