Preocupación do alcalde de Santiago ante a "delicada e cambiante" situación sanitaria da cidade

Xosé Sánchez Bugallo tamén expresou este luns en rolda de prensa a súa "excepcional" alegría pola decisión do Papa Francisco I de prolongar o Ano Santo 2021 ata 2022.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/01/2021 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, mostrouse cauto ao valorar os últimos datos da covid-19 na capital galega e os municipios lindeiros, e subliñou que, aínda que existe "certa retardación nos contaxios", estes non son aínda estables. Por iso e, dado que a situación é "delicada e cambiante", non intúe "grandes cambios" nas restricións que afectan á cidade. "Non podemos falar aínda de estabilización", advertiu Bugallo, que explicou que desde o 23 de decembro o ritmo de contaxios parece reducirse.

"O dato de positivos deste luns, 239, é idéntico ao de onte, e lixeiramente superior ao de hai dous días, 237", indicou o rexedor. Con todo, sinalou que, para unha valoración máis axustada, o acaído é esperar ao día 6 de xaneiro --fin das festas de Nadal-- e aos datos que se rexistren a partir desa data. Ademais, Bugallo lembrou que, a pesar da tendencia positiva no ritmo de contaxios, Santiago está nunha situación "delicada e cambiante".

A este respecto, o alcalde incidiu na necesidade de continuar con todas "as precaucións e medidas de seguridade --máscaras, distancia social e aforamentos, entre outras-- e aínda que, tal e como informou, están á espera do que decida o Comité Clínico e a Xunta de Galicia nos próximos días, non "intúen" grandes cambios nas restricións en vigor.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa este luns 26 de outubro. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa este luns 26 de outubro. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo | Fonte: Europa Press

ALEGRÍA "EXCEPCIONAL" POLA PROLONGACIÓN DO XACOBEO

Sánchez Bugallo tamén expresou a súa "excepcional" alegría pola decisión do Papa Francisco de prolongar o Ano Santo 2021 ata 2022, unha medida extraordinaria derivada da pandemia de coronavirus.

A noticia fíxoa  pública o nuncio do Vaticano, Bernardito Auza, durante o acto de apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago o 31 de decembro e que, tradicionalmente,  é o inicio da celebración dos anos xubilares.

A celebración deste ano estivo marcada polos protocolos anticovid, que limitaron o aforamento do acto a 270 persoas con invitación e que impediron a tradicional imaxe de multitudes cruzando a Porta Santa. Ademais, para evitar danos na remodelación do templo, non se derrubou o muro que tapiaba a entrada.

Durante o primeiro día --1 de xaneiro-- do Xacobeo 2021 xa se rexistraron colas para atravesar a Porta Santa, aínda que estas aglomeracións só se produciron en momentos puntuais --como ao mediodía, momento no que se pecha o templo para a misa do peregrino--.

A este respecto, o alcalde de Santiago desexou que 2021 e 2022, coa intermediación da vacina contra a covid-19, sexan anos moi positivos para a cidade. "Debemos aproveitar a oportunidade para avanzar no proxecto de cidade e no tipo de actividade turísticas que queremos", sinalou Bugallo.

NOVA EDAR

O goberno local de Santiago de Compostela aprobou o convenio con Augas de Galicia e Acuaes para a construción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da capital galega, na zona da Silvouta.

A nova depuradora está orzamentada con 52.280.000 euros (sen IVE), dos cales 36.582.000 euros serán achegados polos Fondos de Reconstrución Europeos, 10.826.000 por Augas de Galicia e 8.872.000 euros por parte do Concello de Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta