O PPdeG critica que o Goberno non destinase partidas para as celebracións do Ano Santo

Os populares galegos anuncian que seguirán insistindo para que o Executivo de Pedro Sánchez "recapacite e teña a ben destinar investimentos e apoios" para o Xacobeo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

O PPdeG presentará no Parlamento galego iniciativas para esixir que o Goberno do Estado apoie a celebración do Xacobeo 2021, que se extenderá ao longo do 2022; así como para reclamar transparencia e obxectividade na repartición dos fondos europeos.

Así o avanzou este luns en rolda de prensa a viceportavoz parlamentaria do PPdeG Paula Prado, quen celebrou a prórroga do Ano Santo a 2022, unha noticia de "gran importancia a nivel social e económico" para Galicia.

Tras agreceder as accións levadas a cabo tanto polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, como polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para consegir esta prórroga, Paula Prado lamentou que esta "importante noticia" non se acompañe de "un compromiso firme" por parte do Goberno central para colaborar na organización do Xacobeo.

Neste sentido, criticou que o Executivo estatal rexeitase incluír nos orzamentos para este ano algunha partida para este evento. "Seguiremos insistindo con novas iniciativas neste Parlamento galego, máis agora que se prorroga o Ano Santo ata 2022, para que o Goberno de Pedro Sánchez recapacite e teña a ben destinar investimentos e apoios para a celebración", indicou.

FONDOS EUROPEOS

Por outra banda, cualificou de "lamentable" a utilización "partidista" que, na súa opinión, fai o Goberno central dos fondos europeos para a crise da covid-19.

En concreto, censurou que dos primeiros 10.000 millóns de euros repartidos polo Estado, "a Galicia só concedésenselle 441 millóns". "Representa o 4,4%, moi lonxe do 5,7 por cento que nos correspondería polo peso da poboación ou do 5,2% polo peso de Galicia no PIB nacional".

A viceportavoz do PP no Parlamento galego, Paula Prado, en rolda de prensa. PPDEG - Arquivo
A viceportavoz do PP no Parlamento galego, Paula Prado, en rolda de prensa. PPDEG - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Moine

Quando estes opusdistas do PP respeitaram o Estado de Direito? O Estado espanhol é um Estado nom confessional, ponto. Já por culpa dum tratado franquista (os clericais como gostam camuflar todo, chamam-lhe concordato) os cidadãos estamos obrigados a entregar-lhe parte das nossas rendas à seita vaticana, e ainda querem mais; nunca estám fartos estes lambaças.

1 Riolo

Para empezar, lo que hablas no es portugués ni gallego, ni español. Nadie te obliga a entregar nada a la Iglesia. El Año Santo es básicamente un negocio y genera un montón de actividad económica, algo de lo que tienes tan poca idea como de idiomas.

2 Riala

Riolo, lo tuyo es un verdadero canto a la ignorancia. Deberías saber, antes de hablar, que tú y todos los españolitos le damos a la iglesia un pastizal cada año. Solo debes mirar los presupuestados del Estado y ver la partida correspondiente. De nada