Educación anuncia a volta ás aulas para o vindeiro venres

O conselleiro de Educación resaltou que "o máis importante de todo isto é reafirmarse en que os centros educativos e as aulas son lugares seguros".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

Os alumnos galegos volverán ás aulas este venres 8 de xaneiro, como estaba previsto. Así quedou ratificado tras a reunión do comité clínico deste luns que, segundo fontes da Consellería de Sanidade, non introduciu novidades respecto diso.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, xa indicara esta mesma xornada que se mantiña a previsión salvo que as autoridades sanitarias indicasen que regresar ás aultas o vindeiro luns 11 sería máis seguro.

En calquera caso, o titular de Educación indicou que "o máis importante de todo isto é reafirmarse en que os centros educativos e as aulas son lugares seguros" na Comunidade, xa que, na súa opinión, "confirmouse con datos empíricos que non son lugares de transmisión da pandemia".

Todo iso, engadiu, debido ás medidas "difíciles" tanto en termos organizativos como económicos postas en marcha, "como polo gran traballo de profesorado e alumnos, auténticos jabatos cumprindo e respectando as normas".

Colexio. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo
Colexio. Foto de arquivo.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta