GC Aberto

Orde do día 1 na Esengra de Ferrol: ignorancia estúpida ou nostálxia franquista?

A “Escuela de Especialidades de la Armada”, sita na Estación Naval da Graña (ESENGRA) de Ferrol, é un cualificado centro de formación académica naval-militar en navegación, manobra e loxística para mariñeiros, cabos e suboficiais.

Por admin | Ferrol | 05/01/2021

Comparte esta noticia

Bernárdo Máiz, historiador

Cruz franquista do Castro
Cruz franquista do Castro

Nos establecementos militares o mando publica a cotío unha “orden del día” en curso sinalando a uniformidade que corresponde, horarios e actividades a desenvolver, a garda militar,  menús ... Tamén ilustran á tropa cun articulo das Ordenanzas Militares, cunha mención a un acontecemento histórico, cunha efeméride militar, etcétera.

Na orde do día 01-01-2021 na ESENGRA, o redactor colocou como efeméride un episodio da Guerra Civil, un parágrafo (abreviado) que sei extraído directa ou indirectamente dun volume cativo de “Efemérides de la Marina Española” de uso na “Escuela Naval Militar” de Marín e nos buques e dependencias das Armada no paso da década 1940-1950 e nas seguintes, baseado, neste caso, na “Historia de La Cruzada Española”, un panexírico dos sublevados en 1936, que non vou reproducir.

A responsabilidade non é do escribinte senón de quen asina o documento, o Subdirector - Xefe de Estudos da ESENGRA, un xefe da Armada, quen o día 2, despois de que o deputado do BNG Nestor Rego denunciara o asunto, foi cesado nas súas funcións por obra de quen corresponda no Ministerio de Defensa, ao que insto a revisar, con asesoramento de profesionais da historia, os fondos bibliográficos da súa competencia.

Non sei quen é ese xefe da Armada nin me interesa sabelo, mais se o seu uso dunha "linguaxe propia da Guerra Civil e do franquismo" en palabras de Nestor Rego, corresponde á ignorancia (“destaquemos esto, que fue hoy”), sempre estúpida, coido non está capacitado para o exercicio do servizo de armas. Se a referencia foi a mantenta, unha indirecta xustificación da sublevación militar-fascista de xullo de 1936, dos corenta anos de  cruenta ditadura franquista, temos unha doa máis de que, contradicindo á Ministra de Defensa, as actuacións fascistas no exército son algo máis que "mínimas y puntuales".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Está ben a fotografía que encabeza esta opinión. Sen dúbida o cese no cargo de Xefe de Estudos non é ningunha vitoria contra os nostálxicos do franquismo. Como tamén resulta inexplicable que ao alcalde máis mediático do globo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lle dea a razón para non retirar a flagrante Cruz dos Caídos no monte do Castro en Vigo ! Será que hai moito franquista travestido de Alcalde Socialista ? Ou será que temos Tribunais que meten medo (?)