Toda Galicia en alerta por temperaturas mínimas e neve por riba dos 400 metros nalgúns puntos

Haberá bancos de néboa matinais no interior.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 04/01/2021 | Actualizada ás 21:27

Comparte esta noticia

Unha trintena de provincias estarán este martes en aviso de distintos niveis por temperaturas, entre elas, as catro galegas, con mínimas que poderían alcanzar os -12ºC en Salamanca, Ávila e Segovia, así como por nevadas, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Durante a xornada, estará nubrado ou cuberto no norte de Galicia e o Cantábrico, con precipitacións que tenderán a remitir ao longo do día. A cota de neve será, no terzo norte, de entre 200 e 400 metros, subindo a 400/600 metros. Nevadas que serán intensas en Cantabria e Euskadi, pero que tamén afectarán, principalmente, ás provincias de Lugo e Ourense.

O AEMET tampouco descarta este martes algúns bancos de néboa matinais no interior de Galicia.

Fonte da Praza da Merced de Verín conxelada polo frío
Fonte da Praza da Merced de Verín conxelada polo frío | Fonte: BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta