Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/01/2021 | Actualizada ás 21:21
Galicia rexistrou outros sete falecementos relacionados coa pandemia de covid-19, dous máis que este domingo, o que ata o momento deixa un balance de 1.421 vítimas mortais.
Segundo informaron este domingo as autoridades sanitarias, todas tiñan patoloxías previas. Seis delas morreron na Coruña, cinco no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ( CHUAC). Trátase de tres mulleres de 91, 84 e 83 anos e de dous homes de 65 e 77 anos. Outra, un home de 78 anos no Hospital Modelo da Coruña.
Por outra banda tamén faleceu unha muller de 87 anos no Complexo Hospilario de Ourense. Procedía da residencia San Bartolomeu de Xove.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.