Temas: VERIN COVID-19

Suspendida a 'cabalgata estática' de Verín

O Concello de Verín toma esta decisión tras o incremento de casos activos por Covid-19 e para preservar a saúde dos veciños e veciñas.

Por X.M. Fernández | Verín | 05/01/2021 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

O Concello de Verín está a experimentar un incremento da incidencia da Covid-19, así como de persoas que se atopan gardando corentena no seu domicilio. Todo isto pode provocar un aumento significativo de casos na vila e non se queren asumir riscos innecesarios.

Concello de Verín. Foto: XMF
Concello de Verín. Foto: XMF

Pensando exclusivamente na saúde de todos os veciños e veciñas, o concello vén de acordar a suspensión da Cabalgata Estática de Reis para evitar así calquera aglomeración de xente que poida poñer en perigo a saúde pública.

Malia que o evento contaba cun estrito protocolo de seguridade adaptado as medidas sanitarias vixentes, tomouse esta decisión como medida preventiva e lembran dende o Concello de Verín que os nenos e nenas non quedarán sen agasallos, tal e como estaba previsto.

Como remate ao comunicado municipal apélase á responsabilidade de veciños e veciñas para que non se poñan nin poñan en risco a ninguén xa que a situación que se vive en Verín é moi delicada.

Temas: VERIN COVID-19
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta