Os contaxios entre os usuarios das residencias galegas seguen crecendo e sitúanse en 143

O centro máis afectado continúa sendo a residencia DomusVi de Vimianzo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/01/2021 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

Os contagios en usuarios de residencias galegas subiron unha xornada máis e sitúanse en 143, un máis que no parte deste luns, segundo informou a Consellería de Política Social. En concreto, este parte suma os novos positivos de tres usuarios da DomusVI Vimianzo, oito da Residencia da Pastoriza e un da de Burela. Tamén se detectaron tres novos casos en usuarios da San Bartolomeu de Xove.

Un traballador sanitario totalmente protexido acode a buscar a un ancián da residencia de San Cibrao
Un traballador sanitario totalmente protexido acode a buscar a un ancián da residencia de San Cibrao | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Pola contra, retíranse, por negativizar, tres usuarios da DomusVi Vimianzo, dous da residencia San Bartolomeu de Xove, dous da Monte Tecla da Guarda, un da Vila do Conde, dous da DomusVI Vigo, un da residencia Moledo de Vigo e outro do CRAPD Vigo II.

Con iso, o centro máis afectado en Galicia continúa sendo a residencia DomusVi de Vimianzo, con 62 casos activos entre os seus usuarios.

En segundo lugar atópase a residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo, que contabiliza 19 casos --o mesmo número--, e, en terceiro, a residencia Moledo de Vigo e a San Bartolomeu de Xove, con 14 cada unha.

Por outra banda, a cifra de traballadores de xeriátricos contaxiados continúa baixando, ata os 93, un menos que o día anterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta