O temporal 'Filomena' deixará a maior nevada do século... pero non en Galicia

Madrid pode acumular 25 centímetros de neve o venres e medio metro en Castela-A Mancha, no sistema Ibérico e Sierra Nevada o xoves

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/01/2021 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O temporal 'Filomena' deixará nevadas "sen precedentes" no centro e interior leste da Península, segundo o portal meteorolóxico 'eltiempo.es', que mesmo fala da nevada do século. Pero, este temporal de frío non afectará a Galicia, quizais, de pasada a partir do sábado.

A meteoróloga Irene Santa explicou en declaracións a Europa Press que de cumprirse os prognósticos o temporal de neve afectará especialmente á Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha e Aragón.

Ademais, Santa destaca que as acumulacións "máis importantes" que deixará 'Filomena' espéranse nesas zonas do centro e interior leste e en concreto no sueste da Comunidade de Madrid e as provincias orientais de Castela-A Mancha. De feito, subliña que "podería superarse puntualmente o medio metro de neve".

En canto ás zonas de montaña, espera que as acumulacións máis copiosas se produzan na contorna do sistema Ibérico e tamén na contorna de Sierra Nevada, áreas onde tamén poden acumularse máis de 50 centímetros de neve.

No entanto, a meteoróloga engade que a pesar de que estas zonas serán as máis afectadas, espéranse nevadas destacadas na maior parte do territorio peninsular, en "todo" o interior da metade occidental, mesmo en cotas baixas. De feito, sinala que podería nevar tamén en Zaragoza e tamén en zonas próximas á costa en Cataluña e a Comunidade Valenciana. Con todo, os espesores acumulados só serán superiores aos 5 centímetros no interior. Tamén nevará en cotas moi baixas nas rexións cantábricas a partir do sábado.

Traballos de limpeza da neve en Pedrafita do Cebreiro (Lugo). DEPUTACIÓN DE LUGO
Traballos de limpeza da neve en Pedrafita do Cebreiro (Lugo). DEPUTACIÓN DE LUGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta