Galicia perdeu case 1.500 autónomos por mor da covid

Agtamar pide medidas para incentivar o consumo nos sectores máis afectados pola pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2021 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar (Agtamar) pediu ao Goberno que poña en marcha medidas para incentivar o consumo nos sectores máis afectados pola crise da covid-19, como a hostalaría e o comercio.

Nun comunicado remitido aos medios, a entidade advirte de que Galicia perdeu en 2020 un total de 1.431 afiliados ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), pasando de 209.287 a 207.856.

Agtamar considera que a perda de máis de mil actividades ao longo deste período "é sen dúbida una das principais traxedias do mercado de traballo, que deixa por centos de autónomos da rexión cos seus negocios pechados".

A entidade sinala que os sectores do comercio e da hostalaría son os que máis sufriron a caída paulatina na afiliación á seguridade social. Ademais, destaca que esta situación contrasta coa evolución positiva doutros sectores como o do transporte, a construción e as actividades socio sanitarias, que paliaron o déficit de actividades económicas que pecharon ao longo deste ano.

Agtamar alerta de que este primeiro trimestre do ano 2021 será "tremendamente duro", polo que ve necesario que se continúen desenvolvendo axudas e aumentándoas proporcionalmente ata que a situación da crise da covid-19 se alivie.

Terrazas recollidas en Lugo
Terrazas recollidas en Lugo | Fonte: ALX

CIFRAS

A asociación alerta de que tan só no mes de decembro de 2020 foron 98 afiliados menos e que o 2020 rematou co peche de 636 establecementos de hostalaría, 818 pequenos comercios e 841 negocios relacionados coa gandaría, a agricultura e a pesca.

Con todo, sinala que a parte positiva é o incremento en sectores como o da construción, cun aumento de 342 activos; actividades profesionais científicas e técnicas, con 314; o transporte, 232; e o sector sanitario, con 113.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta