O BNG denuncia o "adiamento sen causa xustificada" de revisións de Traumatoloxía Pediátrica en Ourense

Di que "non vale" a covid para xustificar estes casos.

Por E.P. | OURENSE | 05/01/2021 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

O BNG denunciou o "adiamento sen causa xustificada" de revisións programadas na Unidade de Traumatoloxía Pediátrica en Ourense, o que asegurou que leva "graves consecuencias sobre os pacientes", mentres que o Sergas afirmou que "non lle consta" que se detectaron problemas nesta área.

Nun comunicado, a formación nacionalista indicou que o Grupo Parlamentario do BNG rexistrou iniciativas na Cámara galega para coñecer os motivos polos que esta unidade "está a aprazar, sen explicación da causa que o puidese xustificar, a cita para comprobar a evolución do estado da columna vertebral".

A este respecto, afirmou que esta situación se observou mesmo en "adolescentes con escoliose significativas e ás que se lle prescribiu o uso de corpiño ortopédico". Así as cousas, BNG sinalou que "a escusa da COVID-19 e as súas repercusións no ámbito sanitario no referido a carga de traballo non vale" para xustificar estes casos, xa que "estas demoras producíanse con anterioridade á pandemia".

CHUO
CHUO | Fonte: ARQUIVO

Por iso, o Grupo Parlamentario do Bloque busca que a Xunta achegar datos sobre o número de consultas ou citas de Traumatoloxía Pediátrica reprogramadas nos dous últimos trimestres de 2020 e o motivo polo que se aprazaron as revisións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta