Morren outras catro persoas por covid nas últimas horas

Únense ás outras catro vítimas que Sanidade comunicou na mañá deste mércores, 6 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2021 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

As mortes pola pandemia elévanse a 1.431 en Galicia tras a notificación por parte das autoridades sanitarias de catro novos falecementos con covid-19 nas últimas horas. Todas as persoas presentaban patoloxías previas.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, faleceu unha muller de 84 anos, relixiosa que tiña relación co centro Santa Teresa de Jornet, no Hospital Quirón da Coruña. Tamén perdeu a vida un home de 92 anos da DomusVi de Vimianzo.

Ademais, tamén se rexistrou o falecemento dunha muller de 80 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) e dun home de 75 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Precisamente, este mesmo mércores Sanidade informou tamén as mortes producidas na xornada do martes, na que faleceron catro homes --un deles procedente da residencia Modelo de Vigo-- e de dúas mulleres.

Persoal sanitario atende a un paciente de Covid na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende a un paciente de Covid na UCI do hospital Povisa | Fonte: Foto Miguel Riopa - remitida por Povisa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta