Viralizase a semellanza entre un dos asaltantes do capitolio e un cantante de Herdeiros da Crus

Os tuiteiros galegos non tardaron en advertir este paralelismo e en facer chanza del.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2021 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

O caos vivido na noite do mércores no Capitolio estadounidense trala irrupción de seguidores de Donald Trump segue marcando parte da axenda informativa galega. Tralas reaccións dos líderes políticos chega a queda dos tuiteiros, que non aforraron retranca para darlle a volta a un acontecemento cuxa relevancia histórica aínda está por ver. Unha das bromas máis celebradas foi a xurdida arredor do parecido físico entre Javi Maneiro, vocalista dos Herdeiros da Crus, e un dos asaltantes da cámara americana.

Collage que amosa a semellanza física entre un dos asaltantes ao Capitolio estadounidense e Tonhito de Poi, vocalista dos Herdeiros da Crus
Collage que amosa a semellanza física entre un dos asaltantes ao Capitolio estadounidense e Tonhito de Poi, vocalista dos Herdeiros da Crus | Fonte: Twitter: @RamonadoCurral

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta