2020, o ano con máis adopcións no Centro de Acollida de Animais da Deputación de Pontevedra

Tamén houbo un descenso no número de recollidas de cans con respecto a 2019.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 07/01/2021 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

2020 foi o mellor ano na historia do Centro de de Acollida e Protección de Animais (CAAN) ante as "excepcionais" cifras de adopcións alcanzadas, que levaron a romper a súa marca anual, así como polo descenso no número de recollidas de cans con respecto ao 2019.

Dúas cadelas rescatadas dun colector en Cuntis recupéranse no centro de acollida da Deputación de Pontevedra.
Dúas cadelas rescatadas dun colector en Cuntis recupéranse no centro de acollida da Deputación de Pontevedra.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo balance do pasado ano, no que o centro de Meis concluíu o ano coa menor cifra de animais da súa historia.

Silva destacou que o número de adopcións foi finalmente de 583, 117 máis que o 2019, no que estaba establecido a anterior marca (466).

Ademais, confirmouse unha "clara tendencia á baixa" no número de recollidas, que no 2020 situouse en 1.144, polas 1.332 de 2019 e as 1.788 do 2018.

A presidenta lembrou que "adoptar é responsabilizarse" e cando se toma esa decisión "é para sempre", durante toda a vida destes animais que "non son un agasallo, son seres vivos que temos que respectar, coidar e que forman parte da nosa familia cando tomamos esta decisión", dixo Carmela Silva.

Un total de 569 das 583 alcanzadas no 2020 formalizáronse en España, 13 en Portugal e 1 en Holanda. Das primeiras, 523 corresponden a fogares galegos, mentres que o resto dos animais viaxaron a Castela León (20), Asturias (8), Cataluña (4), Madrid (6), Castela A Mancha (1), País Vasco (3) e Andalucía (4).

En Galicia a maior parte das adopcións foron na provincia de Pontevedra, cun total de 425, seguidas por Lugo (68), A Coruña (28) e Ourense (2). E dentro da provincia, a cidade de Vigo ten o maior número de adopcións (50); seguida de Pontevedra (46), A Estrada (36), Meis (26), Sanxenxo (22), Cambados (21), Marín (18) e Vilagarcía (15).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta