O alcalde de Ourense ofrece ao PP volver ao goberno "mañá mesmo" sen pechar a porta ao resto de partidos

"A pesar de que actuaron fatal, o importante é a cidadanía e un goberno de solidez", sostén Jácome.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 07/01/2021 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, trasladou ao PP —que se apartou do goberno local tras as denuncias por supostas irregularidades que realizaron edís críticos de Democracia Ourensna— que ten a porta aberta para volver a cogobernar "mañá mesmo", aínda que tampouco se pechou a pactar co resto de formacións.

Gonzalo Pérez Jácome
Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press

Así se pronunciou despois de transcender esta semana o auto xudicial que arquiva provisionalmente a investigación das súas supostas irregularidades na xestión económica e subvencións da súa formación, Democracia Ourensana (DO).

"Todos estades aquí para a pregunta principal de se imos permitir que o Partido Popular volva gobernar connosco. E a pesar de que exerceron contra min a presunción de culpabilidade, nós estamos aquí pola cidadanía e somos profesionais, estamos abertos a que o Partido Popular se incorpore ao grupo de goberno", asegurou.

Do mesmo xeito, declarou que cogobernaría "igual que antes de que pasase todo isto" --en referencia á investigación das supostas irregularidades das contas de DO--. O que "se ten que buscar é solidez", subliñou Jácome, para engadir que "tampouco" ten "problema en pactar con Ciudadanos, PSOE ou BNG".

No entanto, Jácome sinalou que o ofrecemento de regreso "mañá mesmo" ao Partido Popular débese a que "o ten moi difícil e está agora mesmo nunha situación de fraqueza", descartando a posibilidade da moción de censura xunto co Partido Socialista. "O Partido Popular ten interese na Alcaldía e o Partido Socialista tamén e é un posto que non se regala", advertiu.

"NON HOUBO SORPRESA"

Arquivadas as investigacións das contas de DO apelou á resolución do auto xudicial que arquiva de forma temporal a investigación aseverando que "non houbo sorpresa" no sobresemento.

"Demóstrase que non tiñan base ningunha", afirmou, en referencia ás denuncias dos críticos de Democracia Ourensana e dun asesor. "Xa o dicía eu cando aseguraban que iría ao cárcere, a min non me ían nin chamar a declarar porque non hai nada", dixo.

A pesar diso, admitiu que temía que "usasen falsos testemuños". "Pero o auto deume a razón, supoño que o bufete debería devolver o diñeiro ao Partido Popular", contrapuxo.

As críticas do Presidente de Democracia Ourensá foron especialmente dirixidas a Miguel Caride, portavoz dos críticos do partido e avogado de profesión.

"Como pode un avogado mentireiro chegar a lear ao partido máis importante, xunto co Partido Socialista, de España? Ou o PP quería deixarse lear ou son uns ineptos", apuntou Jácome.

ESTRATEXIA ELECTORAL

A pesar diso, reiterou que as portas da Casa Consistorial ao Partido Popular abriríanse mañá mesmo, pero puxo en dúbida ese regreso, opinando que o Partido Popular non entrará nesa coalición por tácticas electorais. "É o máis susceptible de entrar ao goberno pero pensan máis en estratexias electorais que no ben da cidade", reflexionou.

O ofrecemento ao Partido Popular non foi trasladado directamente, segundo precisou. "Saben que seguimos abertos porque a nosa palabra hoxe é a mesma que hai sete días e que hai 14 días", dixo e engadiu que, con independencia do que ocorra, a capacidade de xestionar o Concello non está en dúbida. "Entre o tres edís soubemos reconducir marabillosamente", sentenciou.

Aínda que o Partido Popular regresase ao goberno municipal, a coalición non sumaría os 14 apoios necesarios para a maioría absoluta sen os críticos de Democracia Ourensana polo que, preguntado por se aceptaría tamén a súa volta ao equipo de goberno, o alcalde manifestou "estamos completamente abertos a que voten connosco".

"Mentres sigan no grupo municipal Democracia Ourensana-- onde regresaron tras anular unha xuíza a suspensión--- terán que andarse con moito coidado porque se rompen a disciplina de voto poderían volver ser declarados tránsfugas", recalcou.

DEPUTACIÓN

Ademais, o pasado mes de outubro o rexedor municipal aseguraba que Democracia Ourensana iniciara "un procedemento case xudicial" no que no prazo de tres meses Miguel Caride "case con total seguridade tería que deixar de ser deputado, apelando a que a xustiza o protexía na súa acta de concelleira pero non na Deputación".

"Perderá o seu cargo e no seu lugar terá que ir a segunda persoa da lista, que son eu", afirmara.

A 7 de xaneiro a segunda vicepresidencia da Deputación segue vacante pero Gonzalo Pérez Jácome afirmou esperar novidades pronto e sentenciou que, de non fallar ao seu favor, recorrerá ao Tribunal Supremo.

"O cargo podería tardar 4 meses máis pero pasará pronto porque a Federación Española de Municipios e Provincias propón que os partidos poidan botar as representacións indirectas como é a da Deputación Provincial de Ourense, iso vaise lexislar pero de non ser así segue habendo un baleiro legal e sentará xurisprudencia", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se escoitamos a longa explicación de Jácome, parece evidente que tanto PSOE coma PP non teñen vergoña algunha (os traidores, como lle chama Jácome, seguirán cobrando por asisitir ao Plenos) https://youtu.be/RRprIgSPEUM?t=483 Como botamos en falta en VIGO unha oposición digna de tal nome... Abel Caballero MINTE constantemente e ninguén aínda o levou á Fiscalía ! Imos ter que mudar de Concello ! Ha ha ha... https://twitter.com/00Gamela/status... Nesta Política que temos, Cousas Veredes !!!