Máis de 2.500 propostas de sancións en controis das restricións en Galicia durante o Nadal

Son un 3% do total de persoas e vehículos controlados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/01/2021 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

Policía Nacional e Garda Civil formularon máis de 2.500 propostas de sanción durante os 9.000 controis despregados en Galicia para velar polo cumprimento das restricións durante as festas do Nadal que concluíron o mércores co día de Reis.

Controis na provincia de Ourense
Controis na provincia de Ourense | Fonte: Garda Civil.

Durante esa xornada, segundo as cifras achegadas pola Delegación do Goberno, 155 persoas foron identificadas para denuncia nos 387 dispositivos articulados polas forzas da orde ao longo da xeografía galega.

Deste xeito, os controis do día de Reis alcanzaron a 4.683 persoas e 2.732 vehículos.

En canto ao balance das festas do Nadal, desde o 21 de decembro producíronse 9.607 controis que chegaron a 74.119 persoas e 45.363 vehículos.

Así as cousas, entre Garda Civil e Policía Nacional acumulan entre 2.513 propostas de sanción, un 3% do total de persoas e vehículos controlados.

COMPOSTELA

A Policía Local de Santiago de Compostela, nos dispositivos de control de medidas covid-19 establecidos nas últimas horas, propuxo para sanción a oito persoas por incumprir o toque de queda.

Ademais, segundo informou o corpo de policía, nos dispositivos fixados para o control do peche perimetral, realizáronse 15 probas de alcoholemia --todas negativas-- e catro de drogas, cun positivo en cocaína e THC.

Nestes controis, outros dous condutores foron denunciados, un por non dispor da ITV en regra, e o outro por ter o permiso de condución caducado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta