Temas: MORTE ACCIDENTE

70 persoas morreron nas estradas galegas en 2020, 18 menos que o ano anterior

No conxunto estatal rexistráronse 870 vítimas mortais, un novo mínimo histórico. As restricións pola pandemia puideron ser determinantes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/01/2021 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O ano 2020 finalizou con 870 falecidos nas estradas en toda España, unha cifra que representa un novo mínimo histórico de vítimas mortais nesta materia despois do rexistrado no exercicio 2019, cando morreron 1.098 persoas. En Galicia, o exercicio pasado pechouse con 70 vítimas mortais, 18 menos que en 2019.

Mortos en accidentes de tráfico en vías interurbanas a decembro de 2020 en comparación con anos anteriores
Mortos en accidentes de tráfico en vías interurbanas a decembro de 2020 en comparación con anos anteriores | Fonte: Europa Press

Dos datos do conxunto estatal informou o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, quen sinalou que en 2019 faleceron nas estradas 1.101 persoas, o que supón que a caída de 2020 alcance o 21 por cento e 231 falecidos. Ademais, indicou que o número de accidentes en 2020 foron 797, o que supón 213 menos que en 2019 (-21%).

Durante o ano 2020, outras 3.463 requiriron ingreso hospitalario, o que representa un descenso do 22 por cento en materia de feridos graves (-970).

Trátase da cifra de falecidos en vías interurbanas máis baixa da historia e a primeira vez que o número de mortos é inferior a 1.000. No entanto, Grande-Marlaska explicou que estas cifras deben encadrarse no contexto da pandemia do COVID-19 e as limitacións á mobilidade impostas para frear a súa propagación, que reduciron os desprazamentos un 25 por cento e por conseguinte a sinistralidade viaria.

O titular de Interior afirmou que "son cifras inaceptables para a sociedade" e para quen traballan no Ministerio do Interior e a Dirección Xeral de Tráfico porque "esas mortes e feridos graves son na súa maioría evitables". "Por tanto, asumimos a obriga de evitalas", subliñou.

Temas: MORTE ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta