Feijóo insiste en que non hai atrasos no seu sistema de vacinación

Aclara que se deixaron milleiros de vacinas se aplicar "por prudencia". Marca como obxectivo inmunizar en xaneiro a todo os residentes e ao persoal dos centros de maiores de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2021 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, dixo que en Galicia non hai atrasos nas vacinacións e lembrou que a Xunta xa empezou a dispensar as vacinas, con máis de 2.000 profesionais para realizar todas as inmunizacións "en función do grao de entrega" de dose por parte do Goberno central.

"Salvo a porcentaxe que deixamos por criterios de prudencia para a segunda dose, dispensamos todas as vacinas que están a disposición do Servizo Galego de Saúde (Sergas)", puxo en valor para sinalar que a Xunta ten "máis capacidade instalada para ir máis rápido" pero que depende "do número de doses" que poida ter.

Neste contexto, sostivo que a prioridade na dispensación segue sendo imnunizar á poboación máis vulnerable que, segundo indicou, que é a de maior idade que vive nas residencias. "Queremos no mes de xaneiro inmunizar a todo o persoal da terceira idade, este é o obxectivo", subliñou Feijóo, que asegurou que a Xunta está "preparada" para cumprir este obxectivo.

CHAMA Á RESPONSABILIDADE DOS GALEGOS

Nunha intervención na que descartou o confinamento xeral de Galicia pero avanzou que haberá algunhas medidas restricticas para a hostalaría, Feijóo volveu a apelar á responsabilidade dos galegos, aos que trasladou que "aínda quedan moitos meses de dificultades".

"Imos dedicar probablemente todo este ano 2021 para tentar inmunizar á poboación e tentar vencer a pandemia", sinalou na que é a súa primeira intervención pública do ano 2021. "A pesar de determinadas actitudes individuais impropias, o certo é que a maioría de Galicia tivo un comportamento aceptable e, algún deles, un comportamento exemplar en todas estas datas de Nadal", sinalou Feijóo, que subliñou que a galega segue sendo a comunidade autónoma con "menos ocupación" en hospitais e en UCI por covid.

O presidente dá Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa mensaxe de Fin de Ano. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O presidente dá Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa mensaxe de Fin de Ano. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta