A Xunta anuncia que as obras do antigo Hospital de San Roque en Santiago concluirán este verán

Entre outras accións, están a eliminar as deficiencias presentes en elementos de evacuación de augas e a instalación de canles e reparación de filtración.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2021 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

As obras de restauración e reparación do antigo Hospital de San Roque, en Santiago de Compostela, avanzan a bo ritmo e en prazo, polo que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade conta con que finalicen este mesmo verán a tempo para o Xacobeo.

O conselleiro do ramo, Román Rodríguez, visitou este venres a zona na que se están efectuando os traballos neste inmoble "emblemático" da capital galega, que conta cunha "vida cultural moi importante" e aloxa a institucións como a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Centro Ramón Piñeiro ou o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Os traballos arrincaron o pasado setembro e contan cun prazo de execución de nove meses, ademais dun orzamento que ascende a preto de 200.000 euros. As obras centralízanse na fachada do inmoble, fundado no século XVI, co fin de solucionar os problemas de humidade que afecta o edificio.

Entre outras accións, están a atallarse as deficiencias presentes en elementos de evacuación de augas, a instalación de canles e reparación de filtracións, ou a substitución de reixas e outros materiais afectados por oxidación.

Román Rodríguez destacou que a obra "ten a súa complexidade" por tratarse dun "ben histórico", pero que os traballados están a desenvolverse "en prazo" para "telo en perfecto estado" con motivo do Xacobeo.

En todo caso, aseguraron que o edificio está nun estado "magnífico", do mesmo xeito que os seus muros e vigas, pero require dun mantemento debido ao uso constante e os efectos das condicións climatolóxicas.

Obras de Rehabilitación do Pazo de San Roque. Xunta de Galicia
Obras de Rehabilitación do Pazo de San Roque. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta